Saúde e medioambiente en Ourense

Este ano a asociación Sustinea de Ourense propónnos  10 meses para comprometernos coa Saúde e o Medioambiente. Cada mes estará adicado a unha temática ambiental na que lanzarán un desafío social e ambiental, cos que buscan implicar á cidadanía  na promoción dun cambio consciente e responsable. Cada mes anunciarán unha temática e un desafío.

Ademais organizarán 10 visitas que acompañan a cada temática mensual. Estas visitas son totalmente gratuítas.

Este mes a temática elixida busca promover unha visión positiva para un Desenvolvemento Sustentable. A temática será a Educación Ambiental, un dos alicerces nos que se apoia o cambio de actitudes preciso para garantir o desenvolvemento da sociedade sen comprometer os recursos naturais e as oportunidades das xeracións futuras.

Este xaneiro o reto é levar a Sustinea un móbil en desuso para o proxecto Mobilízate pola Selva do Instituto Jane Goodall. E a visita será o día 30 de xaneiro ao Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia no Pazo de Fonte Fiz, encamiñado á conservación e recuperación de Razas Autóctonas de Galicia en peligro de extinción.

  • Para participar nas visitas é necesario facer a inscrición en info@sustinea.org ou chamando ao teléfono 988 782 964.
  • Sustinea en Ourense Como chegar

 

Escribe un comentario