Samaín en Galicia

Samaín significaba a fin do verán. A tradicional noite do Samaín, entre o 31 de outubro e o 1 de novembro, coincide co primeiro día do ano do calendario celta. Os celtas celebraban a chegada do inverno e durante a celebración recordaban e rendían culto aos ancestros falecidos.

Na festividade máis antiga do Samaín usábanse os cráneos dos inimigos vencidos na batalla para alumbralos e colocalos nos castros, para escorrentar aos espíritus e almas malignas. Co tempo pasaron a ser sustituídas por humanizadas cabazas con velas acesas no seu interior.

A tradición desta festa foise perdendo pero hai lugares de Galicia que aínda recordan a celebración e festexan este día con actividades para pequenos e maiores.

[highlight style=”yellow” ]*Destacamos algunhas… de seguro que haberá moitas máis![/highlight]

En Cedeira….

Din de Cedeira que é a capital do Samaín atlántico e un dos lugares onde se promoveu con forza a recuperación desta festa. Este ano celebran o seu 25 aniversario cunha chea de actividades:

  • 28, 29 e 30 de outubro| de 18.30 a 20.30 horas | Laura Recio e Fusa Guillén dirixirán o divertido taller Aprende a facer un comic | IES Punta Candieira
  • 31 de outubro | 17.30 horas | Obradoiro de zonchos e obradoiro de pintura | Paseo da Mariña
  • 31 de outubro| 19 horas | Espectáculo Titeremusicontos con A Xanela do maxín | Paseo da Mariña
  • 1 de novembro | Pola mañá decoración do paseo e a partir das 17 horas xinkana infantil e taller de maquillaxe. Durante a tarde tamén se poderá disfrutar coa Casa do Terror e coa tradicional Merendola de Outono
    para participar na xinkana e Casa do Terror hai que inscribirse a partir das 17 horas
  • 1 de novembro | 20.30 horas | Pasarrúas do Samaín e queima da Gran Cabaza

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Na Coruña… podedes disfrutar das fiestas Samaín que se celebrarán durante as próximas semanas nos centros cívicos municipais. Destacamos as festas do vindeiro 31 de outubro. Realizaránse talleres e xogos infantísSon gratuitas e para asistir é necesario realizar a inscrición na conserxería de cada centro cívico:

  • O Castrillón – 31 de outubro | de 18.30 a 20.30 horas
  • Monelos – 31 de outubro | de 17.30 a 19.30 horas
  • Mesoiro – 31 de outubro | de 16.30 a 20.30 horas

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

En Lugo… no Museo Pronvincial preparan un xornada para disfrutar do Samaín:

  • 31 de outubro | 17.30 horas | Teatro de marionetas: Nº 8, Rúa dos Contos con Marionetas Trécolas
  • 31 de outubro | 18.30 horas | Samaín nas túas mans: obradoiros de candeas, amuletos e cociña celta   *para nenos de 4 a 12 anos
  • 31 de outubro | 20 horas | Mitos, contos e lendas do Samaín *para nenos de 4 a 12 anos

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

En Ribadeo…

  • 31 de outubro | 16.30 horas | Festa celta do Samaín con taller de cabazas, maquillaxe e pintauñas, doces e confección dun mural de tea | Casa do Mar
  • 31 de outubro | 18.30 horas | Desfile de Cabazas e actuación do Mago Teto 

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

En Vigo…

En Vigo Asociación Vecinal Emilio Crespo de Navia celebra unha nova edición da Noite do Samaín e o Magosto Popular.

  • 31 de outubro | 17 horas | Obradoiro de cabazos e ás 19 horas grupo de gaitas Val do Fragoso
  • 31 de outubro | 20 horas | Bagalume e tradicional encendido de caliveiras
  • 31 de outubro | 21 horas | Escuela de Teatro de Navia e degustación das tradicionales castañas asadas

[divider height=”40px” ]

En Ourense…

Nenos e maiores poderán disfrutar o venres 31 de outubro na cidade de Ourense coa festa do Samaín

  • 31 de outubro | 17 horas | Obradoiro de baleirado de cabazas | Praza de Imprenta
  • 31 de outubro | 19 horas | Procesión de Cabazas que percorrerá as rúas do casco antigo ourensán
  • 31 de outubro | 19.30 horas | Animación infantil e a partir das 21 horas concerto para poñer o punto e final a un terrorífico día | Praza de San Cosme

[divider style=”dotted” height=”40px” ]
 
 

Estas son só algunhas das festas e actividades programadas para celebrar o Samaín, pero hai centos de opcións espalladas por toda Galicia. Aproveitando o día festivo e a fin de semana… non o dubidedes e saíde cos máis pequenos a disfrutar desta festa tradicional!

 
 
 
Foto de Antonio-Zenete_ vía Flickr

Escribe un comentario