Salón do Libro en Pontevedra

Volve un ano máis a Pontevedra o Salón do Libro Infantil e Xuvenil: Cociñando Contos. Case tres semanas de actividades para gozar en familia das propostas literarias e teatrais galegas máis novidosas. Do 14 de marzo ao 5 de abril poderedes degustar un suculento menú cheo de actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións, música, roteiros…

14 de marzo

  • 18 horas | A casiña de chocolate coa Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Narración con música e proxección das imaxes do conto de Hansel e Gretel de OQO editora | Auditorio do Pazo da Cultura | A partir de 6 anos | Prezo: 3€
  • 19 horas | Inauguración da XV edición do Salón con nenos e nenas do CEIP San Martiño e CEIP Parada de Campañó e a presenza dos Chés Antuá de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem de Teatro Ghazafelhos. Contacontos con Pavís Pavós.

15 de marzo

  • 11.30 e 17.30 horas | De oca a oca e… como porque me toca Pepa Martín, mariscadora de contos. Contacontos dinámico. Cata de contos coas ferramentas naturais: os cinco sentidos. Público familiar
  • 11.30 horas | Obradoiro-Show. Planea a túa festa! Editorial Ouvirmos | Público familiar: a partir de 6 anos. Prazas limitadas
  • 12.30 horas | Cantos animais con Susa Herrera.  Novo libro-disco presentado polo cuarteto As comadres, con Susa Herrera, Merchy Rozas, Teresa Gómez e Lara Expósito | Auditorio do Pazo da Cultura | Entrada libre ata completar cabida
  • 18 horas | Contacontos. Comendo Contos con Andrea Bayer. A partir de 3 anos
  • 18.30 horas | Merenda con Pan de Millo e Migallas Teatro. Público familiar

 16 de marzo

  • 11.30 e 17.30 horas | De oca a oca e… como porque me toca Pepa Martín, mariscadora de contos. Contacontos dinámico. Cata de contos coas ferramentas  naturais: os cinco sentidos. Público familiar
  • De 11.30 a 13.30 horas | Obradoiro. Doce Europa con OQO editora. Percorrido a través da gastronomía galega, polaca e portuguesa. Actividade plástica cun final moi doce… | Cafetaría do Pazo da Cultura | Nenos de 5 a 8 anos. Inscrición previa
  • 12 horas | O coelliño branco e A casa dos gatos.  Aula infantil de teatro e contos de Tomeza dirixida por Baobab Teatro | Auditorio do Pazo da Cultura | Entrada libre ata completar cabida
  • 18 horas | Contacontos. Comendo Contos con Andrea Bayer. A partir de 3 anos
  • 18.30 horas | Pan de Millo con Migallas Teatro. Espectáculo baseado no libro-disco Pan de millo editado por Kalandraka | Auditorio do Pazo da Cultura | Público familiar. Prezo: 3€

17 de marzo

  • De 17.30 a 19 horas | Obradoiro. Unha mesa de contos con Pepa Martín, mariscadora de contos. Aprenderemos a arte do protocolo na mesa e faremos un mantel. A partir de 7 anos | Inscrición previa. Prazas limitadas
  • 18.30 horas | O meu marabilloso sombreiro de Edicións do Cumio. Cantigas en xaponés e galego combinadas con teatriño de Kamishibai. Nenos de 3 a 8 anos

18 de marzo

  • De 17.30 a 19 horas | Taller de pocións de transformación con Iratxe López de Munáin. Aprenderemos todos os segredos das pocións máxicas da bruxa de Hansel e Gretel. A partir de 9 anos. Prazas limitadas. Inscrición previa
  • 18.30 horas | Presentación. La Guarida Editorial e El sueño de una marioneta de Fernando Rubio e El utopífono de Aurora Rúa
  • 19.30 horas | Entrega do Premio Europeo “Cociña de contos” á mellor proposta de ilustración de “Hansel e Gretel”

19 de marzo

  • 17.30 horas | Obradoiro. De comer, de cantar e de contar con Antón Castro (músico de Fuxan os Ventos). Público familiar
  • De 17.30 a 19 horas | Obradoiro. Contos e Chocolate de OQO editora | Cafetaría do Pazo da Cultura | De 5 a 8 anos. Inscrición previa. Prazas limitadas
  • 18 horas | Contacontos. Contos que alimentan Raquel Queizás (Queliña). Público familiar

20 de marzo

  • De 17.30 a 19 horas | Obradoiro. Coas mans na masa de OQO editora | Cafetaría do Pazo da Cultura | De 6 a 9 anos. Inscrición previa. Prazas limitadas
  • 18 horas | Contacontos. O pescador de contos e a xacia Luviñas de O Carballo con Botas. Público familiar
  • 19 horas | Concerto Saborosso coa Banda de Música de Pontevedra e Antón Castro (músico de Fuxan os Ventos) | Teatro Principal | Prezo: 3€

21 de marzo

  • 17.30 horas | Animación á lectura. La Cocina de los Monstruos de Editorial Planeta. De 6 e 8 anos
  • 18 horas | Obradoiro. Que se coce nos pucheiros? con Pepe Solla. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
  • 18.30 horas | Contocontos. Contos que alimentan con Raquel Queizás (Queliña). Público familiar

22 de marzo

  • 11.30 horas | Por que música para bebés? Bases teóricas. Que repertorios? Que instrumentos?  con Paulo Lameiro. Conferencia para profesionais da educación | Salón de Actos | Entrada libre ata completar cabida
  • De 11 a 14 horas | Xogo interactivo. Un día no mercado con ETL Paspallás
  • 11.30 e 17.30 horas | Obradoiro. Ñamm! con Babaluva Títeres. De 6 a 14 anos. Prazas limitadas
  • 12.30 e 17.30 horas | Contacontos. Contos que alimentan con Raquel Queizás (Queliña). Público familiar
  • 17.30 horas | Taller para familias con bebés. “Berço das artes que cozinham contos e cantos” con Paulo Lameiro e Inesa Markava | Sala de Obradoiros do Pazo da Cultura | De 0 a 18 meses | Prazas limitadas
  • 18 horas | Obradoiro. Que se coce nos pucheiros? con Pepe Solla. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
  • 18.30 horas | Sopa de notas coa Orquestra Cámara de Lira e Escola de Danza Deborah | Auditorio do Pazo da Cultura | Público familiar. Entrada libre ata completar cabida

23 de marzo

  • De 11.30 a 13.30 horas | Obradoiro. Personaxes de azucre con Daniel Diéguez. Público familiar. Prazas limitadas
  • 12 horas | Ciclo cine infantil. Sergeant Pepper | Salón de  Actos do Pazo da Cultura | Nenos de 6 a 10 anos. Entrada libre ata completar cabida
  • 12 horas | Contacontos. Contos que alimentan Raquel Queizás (Queliña). Público familiar
  • 11, 12.30 e 18 horas | Saborear os sons dos livros con Paulo Lameiro | Auditorio do Pazo da Cultura | Prezo: 6€  *Á venda en Servinova
  • 12.30 e 17.30 horas | Obradoiro Ñamm! con Babaluva Títeres. Nenos de 6 a 14 anos. Prazas limitadas
  • 18 horas | Ciclo cine infantil. A conferencia dos animais | Salón de  Actos do Pazo da Cultura | Nenos de 6 a 10 anos. Entrada libre ata completar cabida
  • 18.30 horas | Contacontos. O pescador de contos e a xacia Luviñas con O Carballo con Botas. Público familiar

24 de marzo

  • 17.30 horas | Decoración de galletas cos Megatoxos de Editorial Xerais. Nenos de 6 a 10 anos. Prazas limitadas
  • 18.30 horas | Presentación do proxecto Picapau. Grupo de promoción da lectura da Biblioteca de Monte Porreiro. Lectura dun conto. Nenos a partir de 3 anos
  • 19 horas | Como facer unha boa sopa de sapo con Talía Teatro. Público familiar

25 de marzo

  • De 17 a 20 horas | Obradoiro. Coa comida… si se xoga! con OQO editora. Stop-motion usando alimentos. Nenos de 8 a 12 anos. Inscrición previa
  • 17.30 horas | Contacontos. Aventuras na cociña con Trinke Trinke. Público familiar. Nenos de 4 a 8 anos
  • 18.30 horas | A pota que trota con María Lado e Lucía Aldao co Seminario Permanente de Jazz | Auditorio do Pazo da Cultura | Nenos a partir de 3 anos | Prezo: 3€

26 de marzo

  • De 17 a 20 horas | Xogo interactivo. Un día no mercado con ETL Paspallás
  • 17.30 horas | Xogos musicais con Edicións o Cumio. Público familiar
  • 18.30 horas | Contacontos. O pescador de contos e a xacia Luviñas con O Carballo con Botas. Público familiar

27 de marzo

  • 17.30 horas | Aventuras na cociña con Trinke Trinke. Público familiar
  • De 17 a 19.30 horas | Obradoiro. Comendo cores Rosa Marcos e o alumnado do CIFP Carlos Oroza. A partir de 8 anos. Prazas limitadas
  • 18.30 horas | Presentación do novo libro-disco de Magín Blanco: Gatuxo
  • 21 horas | As do peixe de Abrapalabra Creacións Escénicas | Auditorio do Pazo da Cultura | Prezo: 8 e 4€ (estudantes, menores, parados e xubilados. Á venda Servinova

28 de marzo

  • De 17.30 a 19.30 horas | Obradoiro. Do cadro ao prato de OQO editora. Nenos de 8 a 12 anos. Incrición previa. Prazas limitadas
  • 17.30 horas | Contacontos. O pescador de contos e a xacia Luviñas con O Carballo con Botas. Público familiar
  • 18.30 horas | O menú dirixido por Nanette Sánchez. Actuación do coro de 3º grado elemental do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga | Salón de Actos do Pazo da Cultura| Público familiar. Entrada libre ata completar cabida

29 de marzo

  • De 11 a 14 horas | Xogo interactivo. Un día no mercado con ETL Paspallás
  • 11, 12.30 e 18 horas | Estrea: Gatuxo con Magín Blanco | Escenario do Pazo da Cultura | Bebés de 0 a 3 anos. Cabida limitada | Prezo: 3€
  • 11.30 horas | Obradoiro. Flores con cookies con Daniel Diéguez. Nenos de 8 a 11 anos. Prazas limitadas
  • 12 e 17.30 horas | Obradoiro de ilustración. Certame mundial de cociña con Polo correo do vento. Público familiar
  • 12.30 horas | Contacontos. Comendo Contos con Andrea Bayer. Nenos a partir de 3 anos
  • De 17.30 a 19.30 horas | Obradoiro. Adiviña a que cheiran as nosas hortas? con APEGA (Asociación de produtor@s ecolóxic@s galeg@s) | Público familiar. Prazas limitadas. 2 pases de 1 horas

30 de marzo

  • 11.30 e 17.30 horas | Obradoiro de ilustración. Gregorio, cociñeiro de soños con Polo correo do vento. Público familiar
  • 12 horas | Ciclo cine infantil. Sesión documental mixta | Salón de Actos do Pazo da Cultura | Nenos de 6 a 10 anos. Entrada libre ata completar cabida
  • 12.30 horas | Contacontos. Comendo Contos con Andrea Bayer. Nenos a partir de 3 anos
  • 17.30 horas | Obradoiro. Piruletas de chocolate. Nenos de 8 a 11 anos. Prazas limitadas
  • 18.30 horas | Sopa de sapo con Talía Teatro | Auditorio do Pazo da Cultura | Nenos a partir de 6 anos | Prezo: 3€

31 de marzo

  • 17.30 horas | Amasando contos. Centros de ensino que participan no Salón virán expoñer como fixeron os seus traballos. Público familiar
  • 18.30 horas | Contacontos. O pescador de contos e a xacia Luviñas con O Carballo con Botas. Público familiar

1 de abril

  • 17.30 horas | Obradoiro de banda deseñada. Presentación do libro Estudos Tex de Abraham Carreiro. Editorial Meu Conto. Nenos de 7 a 10 anos
  • 18.30 horas | Martes de Baobab Teatro | Salón de Actos do Pazo da Cultura | Nenos de 0 a 3 anos | Prezo: 3€
  • 18 horas | Contacontos. Contos que alimentan Raquel Queizás (Queliña). Público familiar

2 de abril

  • De 17 a 20 horas | Obradoiro. Decorando a cociña do salón con ETL Paspallás. Público familiar
  • 18 horas | Contacontos. O pescador de contos e a xacia Luviñas con O Carballo con Botas. Público familiar
  • 18.30 horas | Martes de Baobab Teatro | Salón de Actos do Pazo da Cultura | Nenos de 0 a 3 anos | Prezo: 3€

3 de abril

  • De 17 a 20 horas | Xogo interactivo. Un día no mercado con ETL Paspallás
  • 18 horas | Contacontos. Comendo contos con Andrea Bayer. Nenos a partir de 3 anos
  • 21 horas | Da Vinci tiña razón! con Mofa & Befa, Piti Sanz e Quico Cadaval | Teatro Principal | Prezo: 10€ e 7€ (estudantes, menores, parados e xubilados) *Venda en Servinova

4 de abril

  • 17.30 horas | Obradoiro. Cociña extraterrestre con Editorial Patas de Peixe. Público familiar e nenos de 5 a 10 anos. Inscrición previa. Prazas limitadas
  • 18 horas | Contacontos. O pescador de contos e a xacia Luviñas con O Carballo con Botas. Público familiar
  • 18.30 horas | Estrea: Zampón o lambón de Fantoches Baj | Auditorio do Pazo da Cultura | Nenos a partir de 4 anos | Prezo: 3€

5 de abril

  • De 11.30 a 13 horas | Obradoiro. Recetario con portada de contos de VAN divulgación cultural. Público familiar
  • 12 horas | Contacontos. O pescador de contos e a xacia Luviñas con O Carballo con Botas. Público familiar
  • 12.30 horas | Os tres tenedores. Presentación do libro-disco
  • De 17.30 a 19.30 horas | Obradoiro. Galletas e contos con Daniel Diéguez. Público familiar. Prazas limitadas
  • De 17.30 a 19 horas | Obradoiro. Recetario con portada de contos de Van divulgación cultural. Público familiar. Prazas limitadas
  • 18.30 horas | Cocido sinfónico con Os tres tenedores | Auditorio do Pazo da Cultura | Público familiar | Nenos a partir de 4 anos | Prezo: 3€

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

[blockquote indent=»yes» ]Horarios do Salón[/blockquote]

As exposicións e instalacións permanecerán abertas ata o 5 de abril. De luns a venres de 17 a 20.30 horas e os sábados e domingos de 11 a 14 horas e de 17 a 20.30 horas.

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

[blockquote indent=»yes» ]Actividades paralelas[/blockquote]

ROTEIRO GUIADO.  Unha cidade con sabor. Percorrido polo centro histórico, coñecendo a evolución da cidade e deténdonos nos recunchos con máis sabor.

  • Do 25 de marzo ao 4 de abril
  • Duración: 1 hora. Dificultade: baixa. A partir de 6 anos
  • Só para grupos. Inscrición previa no teléfono 986 833 061

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

Podedes seguir toda a información do salón na súa web: salondolibro.org

 

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

Pazo da Cultura en Pontevedra Como chegar

 

 

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.