Sábado en Familia en Granxa de Barreiros

Descubrir a Natureza en familia! A Granxa de Barreiros organiza para o día 12 de abril un Sábado en familia. Poderedes disfrutar dun día de primavera polos contornos naturais de Barreiros. Os participantes poderedes escoller tres opcións de educación ambiental:

 
[blockquote indent=»yes» ]Roteiro polo río Loio[/blockquote]

Despois dunha pequena charla introductoria sobre o roteiro que imos realizar, desprazarémonos cos coches ata Paradela para iniciar o noso percorrido, seguindo o cauce do río Loio. Ao longo dos 9 quilómetros observaremos os cambios na paisaxe atravesando unha mostra importante de bosque autóctono, cruzando pontes e descubrindo muíños.

 
[blockquote indent=»yes» ]Exploradores[/blockquote]

Durante a mañá está previsto un paseo polo contorno desde a Granxa pasando por O Fondón, As Nogueiras, Río e Santa Marta durante dúas horas e media. No paseo iremos descubrindo e interpretando a diversidade do medio natural, rural e cultural. Observaremos os nosos bosques en primavera, recoñeceremos os animais e as plantas con flores que atopemos no camiño, e para non facerlles dano, levaremos pequenos acuarios, lupas, ganapáns, guías de campo, prismáticos, etc.
Durante a tarde organizaremos as mostras recollidas, as anotacións e debuxos no caderno, identificaremos, clasificaremos e expoñeremos os materiais recollidos. Manexaremos lupas binoculares e microscopios e realizaremos un obradoiro con bugallos.

 
[blockquote indent=»yes» ]Granxeiros[/blockquote]

Durante a mañá seremos por un día pequenos agricultores, aprendendo as tarefas do campo e o respecto ao medioambiente. Darémoslles de comer aos coellos, ás pitas e descubriremos as nosas razas autóctonas de Galicia, como vacas, porcos, cabalo, etc. E realizaremos un obradoiro de alimentos.

Durante a tarde realizaremos obradoiros sobre o afieltrado da la.
 
[divider style=»dotted» height=»40px» ]

  • Ruta interpretativa polo río Loio | Para maiores de 12 anos e adultos
  • Grupo «exploradores» | Para nenos a partir de 7 anos e adultos
  • Grupo «granxeiros» | Para os máis pequenos de ata 7-8 años

 
 


 
[divider style=»dotted» height=»40px» ]

12 de abril | de 10 da mañá a 18 horas

[divider style=»dotted» height=»40px» ]
 
[blockquote indent=»yes» ]Prezos[/blockquote]

Os prezos inclúen as actividades, a comida e cafés.

  • Ruta polo río Loio: 30€
  • Grupos «exploradores» e «granxeiros»: adultos 35€ e nenos 30€ (de 3 a 12 anos). Os menores de 2 anos gratis, pero deberán estar acompañados por un adulto nas actividades

 
[blockquote indent=»yes» ]Inscrición[/blockquote]

Para realizar a inscrición tedes que solicitar primeiro a reserva de prazas nos teléfonos 982 533 656 ou 698 129 000 ou a través do email info@granxadebarreiros.com.

Unha vez confirmada a existencia de praza podedes descargar a ficha de inscrición, cubrila e enviala por email ou por fax a  info@granxadebarreiros.com.

 
 
 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.