Romaría Pop en Santiago

Romaría Pop en Santiago! O día 14 de xuño regresa unha nova edición do festival galego no Parque de Belvís. Ademais de música a Romaría presenta unha sección adicada á restauración tradicional e contemporánea, unha feira de roupa e vinilos, presentacións culturais e as xa populares actividades orientadas aos máis pequenos con obradoiros musicais infantís, de divulgación ambiental e actividades de creación de camisetas e zapatillas vinculadas ao rock.

Pequemúsica é un espazo no que se poderá gozar de concertos moi especiais enfocados aos nenos. Un escenario no que  os nenos se poderán converter en estrelas do rock e experimentar cunha grande variedade de instrumentos cedidos polos propios músicos.

Obradoiro de decoración de zapatillas Victoria con Antoxo de Toxo | 13, 15 e 17 horas | Espazo Victoria Music

Obradoiro de camisetas rock | 13 e 17 horas | Espazo Nikis Style Galicia

Obradoiro de Pintura Pop con Pequeño Van Gogh | 15 horas | Espazo Nikis Style Galicia

Maquillaxe infantil | 13 e 15.30 horas | Espazo Estudio 1917

Obradoiro de máscaras animais por Cosmogonía | 18.30 horas | Espazo Estudio 1917

Obradoiro de sombreiros reciclados con CircusLab | 13 e 17 horas | Espazo Clínica Manuel Tojo

Obradoiro de instrumentos de refugallo con CircusLab | 15 e 19 horas | Espazo Clínica Manuel Tojo

[blockquote indent=»yes» ]Escenario Pequemúsica[/blockquote]

  • 13 horas | Obradoiro de experimentación musical coa Fantastic Hyggelig Orchestra
  • 14.45 horas | Obradoiro de Swing (sesión infantil) 
  • 17.15 horas | Desfile perruno
  • 17.45 horas | Obradoiro de Swing (sesión adultos) 

Ás 17 horas haberá un roteiro guiado por Belvís e ás 18 horas partido de fútbol 8 con Crystal Fighters vs Belle & Sebastian e ás 19 horas Oasis vs Blur.

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

**Para realizar as actividades é preciso facer a inscrición no Posto de Información.

PARQUE DE BELVÍS en Santiago Como chegar
 
 
 

¡Compártelo!
Artículo anteriorRomaría Pop en Santiago
Artículo siguienteArde Lucus 2014