Romaría Cativa en Santiago

Esta semana celébranse as Festas da Ascensión en Santiago e un ano máis pensaron nos máis pequenos e os días 6 e 7 de maio poderedes disfrutar da Romaría Cativa. Trátase dun espazo para gozar en familia da música e do circo na Praza da Inmaculada.

  • 6 de maio | de 17.30 a 20 horas | Pitusa Semifusa e a A Gramola Gominola, animadas por Peter Punk
  • 7 de maio | de 17.30 a 20 horas | Isla Letriska, Migallas e Titiriteiros de Binéfar presentados por Paco Nogueiras

*Podedes consultar o programa completo das Festas da Ascensión na web www.santiagoturismo.com

 

romariacativa2

ART&ECO

Ademais do 2 ao 8 de maio non vos perdades COMPOSTELA ART&ECO, dous mercados simultáneos que se celebran coincidindo coas Festas da Ascensión. A rúa Carreira do Conde, ao pé da Alameda, acolle unha mostra de arte e artesanía e a Praza Roxa unha Feira Ecolóxica Labrega centrada nos alimentos de produción ecolóxica.

Nos dous mercados haberá animación e obradoiros, ademais de ludoteca con xogos creativos. Podedes consulta os horarios de cada obradoiro na web: arteeco.es.

  • Horarios: de 11 a 15 horas e de 17 a 21 horas

Escribe un comentario