Roedores de xira por Galicia

Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuizos e traballar en equipo para vencer o temido Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais. Ao fin e ao cabo… todos somos Roedores.

Roedores de Redrum Teatro é un espectáculo familiar no que se fomenta a igualdade. A través das aventuras de Peludiño e Munda os cativos achegaranse a conceptos como o de igualdade de xénero, de oportunidades, social, de dereitos… E entenderán o valor da amizade, do traballo en equipo e da aceptación dun mesmo e dos demáis.

  • Dirixido a: nenos maiores de 3 anos
  • Próximas datas:
    • 5 de marzo | 18 horas | Círculo Recreativo Cultural do Porriño
    • 6 de marzo | 18 horas | Auditorio da Xunqueira de Redondela
    • 8 de marzo | Auditorio Carmen Estévez de Vilalba
    • 12 de marzo | Casa da Cultura de Moraña
    • 18 de marzo | Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira de Silleda
    • 17-18 de abril | Pazo da Cultura de Pontevedra

 

 

 

Conversamos co actor Guillermo Carbajo

______________________________________________

Quixemos achegarnos un pouquiño máis a este divertido espectáculo e para iso falamos cun dos seus actores protagonistas, Guillermo Carbajo:

guillermo_carbajo_roedores

  • Como xorde a idea de Roedores?
  • Roedores xorde dende dentro da nosa Compañía, queriamos producir un espectáculo que tratase o tema da igualdade porque é algo que nos preocupa e parecíanos importante visibilizalo a través do teatro. Somos moi conscientes de que todo o que vén os nenos no teatro ou na televisión estalles a transmitir valores e por iso cremos que temos a obriga de tratar temas que nos preocupan e preocupan á sociadade na que vivimos.
  • Que aportará Roedores aos nenos e ás familias que asistan a vervos?
  • Sobre todo moita diversión. É un espectáculo con cómico cun ritmo trepidante. Ademáis mesturamos distintas disciplinas: ten música en directo, sombras chinescas… e por suposto aporta valores.
  • Que valores espertará esta obra nos nenos?
  • O tema central é a igualdade, trata de educar aos rapaces en valores de fomento da igualdade e axuda a que os adultos tamén saiamos do teatro un pouco máis concienciados. Pero tamén falamos doutros temas actuais e que nos preocupan como a reciclaxe, a emigración, o maltrato animal, etc.
  • Por qué pensades que é positivo levar os nenos ao teatro dende pequenos?
  • Penso que está ben que se familiaricen, non só co teatro senón con todo tipo de disciplinas artísticas e manifestacións culturais. É bo levarlles ao teatro tanto como animarlles á lectura. Un neno que é espectador habitual de teatro converterase probablemente nun adulto que asista teatro e a cultura axuda a crear unha conciencia crítica, a reflexionar, a desenvolver a nosa imaxinación, a coñecer mellor a nosa sociedade…  Ademáis é ocio, é barato e é sano!

roedores_libro

O espectáculo Roedores acompáñase tamén dun libro maravilloso. Un conto escrito por Alex Sampayo e Borja F. Caamaño con ilustracións de Rodrigo Chao, que conta a historia dos protagonistas.

Podedes mercalo a través da súa páxina web por 12€ aquí

Escribe un comentario