Poboado de Nadal na Coruña

Un ano máis a praza coruñesa de María Pita convértese no pobo do Nadal de Laponia, recreando a aldea na que habita Papa Noel. Encontraredes a casa de Papá Noel, as casas do pobo, o pozo dos desexos, o xardín dos xoguetes, figuras de luz en 3 D, o carrusel, un tren infantil, concertos, talleres e xogos.

O pobo terá unha moeda propia, os nadales, que se repartirán entre os clientes do comercio local e se poderán cambiar nas atraccións.

Concertos, talleres e xogos… Os concertos, un diario, e a presenza de clowns, pernilongos e elfos máxicos polas rúas do pobo animarán os visitantes, que poderán gozar de case un centenar de talleres, entre eles de paquetería, decoración do Nadal e repostaría, que se organizarán en horario de mañá, e tarde. O palco-trineo acollerá a maioría dos espectáculos: haberá contacontos, monicreques e números de danza, todos ambientados no Nadal.

[highlight style=”yellow” ]Actividades de dinamización de 17 a 20 horas.[/highlight]

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Dende o 5 de decembro ata o 2 de xaneiro

Durante a ponte da Constitución o poboado abre de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

PLAZA DE MARÍA PITA na Coruña Como chegar

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.