Picasso en familia na Coruña

O vindeiro domingo día 17 de maio o Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos con diferentes actividades.

Obradoiro Picasso en familia

Unha divertida proposta para toda a familia, para achegarse ao neno Pablo e á Coruña, á que chega a finais do século XIX, a través do xogo e o diálogo coas obras, abordando a súa grande paisión: o debuxo e a pintura.

  • Dirixido a: nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, acompañados por un adulto.
  • Require anotación previa (máximo dous nenos por chamada) no teléfono: 881 881 700 (de luns a venres, de 10 a 14 horas)

Visita guiada a O primeiro Picasso. A Coruña 2015

Poderedes visitar a exposición O primeiro Picasso. A Coruña 2015 ás 12.30 horas. Trátase dunha visita gratuita que necesita inscrición previa no teléfono 881 881 700 (de luns a venres, de 10 a 14 horas)

Museo de Belas Artes de A Coruña Como chegar

Escribe un comentario