Outono en familia en Granxa Barreiros

Granxa de Barreiros organiza para os días 22 e 23 de outubro un fin de semana en familia. Son actividades destinadas a familias, parellas, grupos ou calquera persoa que desexe pasar unha fin de semana diferente nun ambiente familiar.  O obxectivo é aprender a disfrutar, relaxarse en plena natureza coa fin de crear actitudes responsables co medio ambiente e o desenvolvemento sostible, baseándose nos ciclos estacionais da natureza.

 

22 de outubro

  • 10 horas | Chegada, tentempé de benvida e presentación
  • 10.30 horas | Imos recoller e clasificar as mazás para facer sidra e despois catamos o mosto
  • 12.30 horas | Recolleremos outros froitos para dar de comer aos animais
  • 14 horas | Xantar
  • 15.30 horas | Obradoiros de arte e natureza de outono. Obradoiro de plastilina con Javi
  • 17.30 horas | Merenda
  • 18 horas | Fin *opción Sábado
    • 19 horas | Obradoiro de cociña
    • 20 horas | Descanso
    • 21 horas | Cea
    • 22 horas | Baile: iniciación ao swing e queimada

 

23 de outubro

  • 9.30 horas | Almorzo
  • 10.30 horas | Obradoiro: Coas mans da masa. Proceso tradicional do pan (1ª parte)
  • 11.30 horas | Paseo para a observación de aves e preparación dos comedeiros e caixas-niño
  • 13 horas | Obradoiro: Coas mans da masa. Proceso tradicional do pan (2ª parte)
  • 14 horas | Xantar
  • 16 horas | Fin da experiencia

 

 

  • Dirixido a: familias, parellas, grupos ou calquera persoa que queira disfrutar dunha fin de semana de outono diferente
  • 22 e 23 de outubro
  • É necesario reservar praza nos teléfonos 982 533 656 / 698 129 000 ou vía email en info@granxadebarreiros.com e enviar a ficha de inscrición.
  • Prezoopción sábado 25€ adultos (menores de 2 anos gratis) *inclúe actividades, comida, merenda e cafés (horario: de 10 a 18h) | opción fin de semana 75€ adultos e 65€ nenos (de 3 a 12 anos) (menores de 2 anos gratis)  *inclúe pensión completa e actividades
  • GRANXA de BARREIROS en Sarria Como chegar

 

Escribe un comentario