Os Bolechas van ás Olimpiadas

A familia Bolechas estará de xira este verán co seu novo espectáculo Os Bolechas van ás Olimpíadas. Estará dentro do programa FalaRedes e percorrerá diferentes concellos con esta actividade de dinamización lingüística. Carlos, as xemelgas Loli e Pili, Braulio, Sonia e o pequeno Tatá, xunto ao seu incondicional can Chispa, farán que nenas e nenos se sintan cómplices e co-protagonistas das súas aventuras. Nesta ocasión, os seis famosos irmáns requirirán a axuda dos rapaces e rapazas asistentes para superaren unha serie de probas e deste xeito venceren o seu antagonista Romualdo. Se, co apoio do público, conseguen superar os desafíos, terán garantido o seu pase para as Olimpíadas de Río 2016. Deste xeito, a actividade combina o compoñente lúdico e didáctico, cun obxectivo principal de dinamización lingüística e unha aposta polo coñecemento en materias de historia, deporte ou etnografía, así como tamén de fomento de hábitos saudables.

Próximas datas:

  • 25 de xuño | 18 horas | Teatro Pastor Díaz de Viveiro
  • 26 de xuño | 12.30 horas | Local do CCRD de Perlío en Fene
  • 26 de xuño | 20 horas | Casa da Cultura de Outes
  • 2 de xullo | 21 horas | Teatro Coliseo Noela de Noia
  • 3 de xullo | 19 horas | Auditorio de Soutelo de Montes en Forcarei
  • 9 de xullo | 19 horas | Espazo Cultural de Monterroso
  • 15 de xullo | 18 horas | Biblioteca Municipal de Tui
  • 23 de xullo | 20.30 horas | Casa da Cultura de Melide

Escribe un comentario