Obradoiros no Museo do Pobo Galego

Nestas datas o consumo excesivo coloca a sustentabilidade no punto de mira. Para traballar este tema o Museo do Pobo Galego organiza un obradoiro de participación socioambiental. A educación ambiental é unha ferramenta imprescindible para entender as relacións co medio natural e promover estratexias para unha sociedade sustentable. A través de dinámicas lúdicas e creativas, o Museo e Feitoría Verde convídanvos a explorar os límites da biosfera, tratar coa contaminación e os residuos e falar do papel dun consumo responsable.

  • Dirixido a: nenos a partir de 7 anos
  • 21 de decembro | 11.30 horas
  • Máis información e inscrición no teléfono 981 583 620 ou no mail deac@museodopobo.gal.
  • Troco de xoguetes o 22 de decembro ás 12horas

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorCirco de Nadal
Artículo siguienteAbecedari@ na Coruña

Escribe un comentario