Obradoiros no Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña

Este verán os nenos poderán gozar do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón da Coruña dun xeito diferente nos obradoiros infantís previstos para as mañás dos sábados.

  • 11 de xullo | PINTURA RUPESTRE
  • Neste obradoiro, os nenos coñecerán as técnicas, os diferentes motivos decorativos e a elaboración dos pigmentos naturais empregados polos homes e mulleres da Prehistoria para decorar as paredes das súas covas. Nunha primeira parte se lles amosarán exemplos reais de pinturas, ademais de materias prehistóricos orixinais expostos nas vitrinas do museo, para a continuación, empregando pintura de mans, elaborar a súa propia pintura rupestre.
  • 18 de xullo | CERÁMICA CASTREXA
  • Con esta actividade, achegaremos aos asistentes ás labores artesáns de fabricación de obxectos cerámicos dos nosos antepasados castrexos. Despois dun percorrido polas salas de arqueoloxía, os participantes elaborarán coas súas mans un cacharro de barro, inspirándose en formas e decoracións de pezas orixinais feitas polos homes e mulleres que habitaron os castros.
  • 1 de agosto: MOSAICO ROMANO
  • Despois dunha breve explicación sobre a técnica musivaria e tras ver varios exemplos no museo, os rapaces elaborarán un mosaico empregando os patróns e as teselas que se lles proporcionan.
  • 8 de agosto: SOLDADOS ROMANOS
  • Nunha primeira parte se visitarán as vitrinas dedicadas aos campamentos romanos, para a continuación converterse en soldados romanos, construíndo o seu propio casco, espada e escudo de lexionario, para elo utilizarán como base cartón e cartolinas, que recortarán e pintarán.
  • 22 de agosto: SELO DE ALFAREIRO.TERRA SIGILLATA
  • Os nenos entrarán en contacto coa cerámica romana coñecida como terra sigillata. Coñecerán, a través das pezas expostas nas vitrinas do museo, as funcións, formas, decoracións e características particulares desta cerámica romana fina. A continuación farán o seu propio selo de alfareiro tallando con gubias sobre gomas de borrar. Farán probas sobre plastilina ou barro e sobre papel.

 

  • Dirixidos a: nenos de 6 a 12 anos
  • Sábados 1 e 18 de xullo e 1, 8 e 22 de agosto | 12 horas
  • Duración: 90 minutos aproximadamente
  • De balde
  • É necesario reservar praza no teléfono 981 189 850 (de 10 a 21 horas)

 

  • Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón da Coruña Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.