Obradoiro na Cidade da Cultura

Posando, posando: e ti, como te ves?

A Cidade da Cultura en Santiago organiza para este domingo un obradoiro para nenos arredor da figura do fotógrafo galego José Suárez. Suárez outorgáballe gran valor aos retratos que realizara a escritores e artistas compañeiros de exilio. Recollendo esta importancia, no obradoiro os nenos empregarán técnicas artísticas cooperativas para realizar entre todos un retrato de cada un dos asistentes. A partir destes retratos traballarán nocións tan importantes como o autoconcepto, a autoestima e a imaxe que teñen de cada un de nós as demais persoas.

  • Dirixido a: nenos de 4 a 12 anos
  • Duración: 2 horas
  • 14 de febreiro | 17.30 horas
  • Entrada gratuita. É necesario inscrición previa na web www.cidadedacultura.gal
  • Museo Centro Gaiás Como chegar
¡Compártelo!
Artículo anteriorBaby NENOOS en Vigo
Artículo siguienteCuentacuentos en Ferrol

Escribe un comentario