Obradoiro en Redondela

A Biblioteca Municipal de Redondela e a Fundación Filomena Rivero Alonso organizan para os días 10 e 11 de xuño un taller de ilustración: Ilustrando a natureza co ilustrador e humorista gráfico Xosé Tomás. Neste obradoiro os nenos deseñarán personaxes, personificarán animais, ilustrarán poesías sobre plantas, deseñarán fauna extinta, crearán fauna posible… todo o que a imaxinación permita e todo dentro do ámbito que propician as distintas conmemoracións, relacionadas coa natureza e o medioambiente, que se celebrarán este mes de xuño.

  • Dirixido a: nenos de 9 a 12 anos
  • 10 e 11 de xuño | de 17.30 a 19.30 horas
  • Actividade gratuíta
  • Inscrición: o número de prazas está limitado polo que é necesaria a inscrición previa que se realizará nas dependencias da biblioteca ou no teléfono 986 401 561.
  • Biblioteca de Redondela Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.