Obradoiro de Nanas en Arkhé

Xabier Díaz, integrante de Berrogüeto e compositor de Arrolos de Salitre visitará el 7 de febreiro Arkhé Espacio Educativo para impartir un Obradoiro de Nanas. Porque aos nenos non so hai que falarlles, senón tamén cantarlles….

Neste obradoiro teremos a oportunidade de aprender a arrolar e a cantar aos nosos nenos, recuperando unha vella tradición popular. Ensinaránnos nanas e composicións infantís e tamén cómo aproveitar o seu poder emocional.

  • Dirixido a: pais, educadores e futuros pais
  • 7 de febreiro | de 18 a 20 horas
  • Prezo: 25€ (20€ para os socios do Club Arkhé)
  • Inscrición: nos teléfonos 881 894 805 ou 619 394 130.

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.