Obradoiro de contacontos en Silleda

No Concello de Silleda o vindeiro día 27 de novembro impartirase un obradoiro de contacontos para nais, pais e educadores. Ensinaránse técnicas vocais e de entonación e tamén se abordarán temas coma o xogo dramático, a elección do conto ou as distintas técnicas narrativas. Trátasa da actividade deste mes de novembro dentro do Programa Avelaíña, dirixido aos nenos e ás súas familias.

  • Dirixido a: pais, nais, educadores e toda persoa interesada
  • 27 de novembro | de 18 a 20 horas
  • De balde
  • Inscrición: hai que inscribirse no Concello (986 580 000) ou no Centro Cultura (986 585 550). A data límite é o mércores 25 de novembro
  • Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira en Silleda Como chegar

 

Escribe un comentario