O noso segundo aniversario

Este post vai con moitooooo retraso, pero é que estamos ata arriba de traballo e non temos nin un minuto para parar e para pensar. Esta semana lembramos a nosa primeiraa festa de aniversario. Foi unha experiencia muy bonita coñecer ás familias que quixéchedes celebralo con nós nunha casa tan linda como Langstrump, que tamén estaba recén inaugurada.

Aquel día recibimos moitas alegrías… coñecimos un pouquiño aos que estades ao outro lado e encantounos!! Este ano as presas e o traballo non nos permitiron organizar unha festa como aquela, quédanos unha espiniña cravada… pero temos miles de ideas no tinteiro! Así que pouco a pouco irémosvos contando as novidades…

Sentímonos moi felices de ver medrar o noso proxecto que comenzou sendo moi pequeniño e que pasados 2 anos xa se fixo maior. E despois de moito traballo e esforzo vémolo compensado con creces!! Primeiro, grazas a todos os sponsors e anunciantes que creron en lamariola dende os seus inicios e segundo, grazas a todos os colaboradores e a todos os amigos que fomos coñecendo a través desta pequeniña fiestra ao mundo que é lamariola. E, por suposto, a todas as familias que nos acompañades cada día.

Cumprimos dous anos (que rápido pasa o tempo!!!!) e houbo cambios… Clara, a outra metade de lamariola xa non está no equipo, pero seguimos téndola preto, así que continuamos coa mesma filosofía coa que comezamos en xuño de 2012. Arrancamos novo verán cargadas de ideas e de novos proxectos para lamariola. Non podemos adiantar nada por agora, pero estamos seguras de que vos gustarán tanto como a nós.

E… non podemos celebrar un cumpre sin tener un agasallo para tod@s os que nos apoiades cada día. Estamos pintando e cosendo un regalo moi especial que queremos sortear, pero non chegamos a tempo… así que nas próximas semanas comezaremos o sorteo, tedes que desculparnos, pero ás veces, pasan estas cousas…

gracias

E así dámosvos as grazas… con miles de sorrisos e cores!!

*Nas vindeiras semanas chegará o sorteo *

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.