O Circo do Sol na Coruña

Quidam é o espectáculo que chegará en decembro a Coruña. As entradas para o Circo del Sol permitiránvos vivir as aventuras de Zoé, unha nena chea de curiosidade e imaxinación que nos mostrará o seu ámbito. O seu pai, sempre co periódico e encerrado no seu cuarto, e a súa nai, chea de dor. Unha historia conducida por un gran mestre de cerimonias,John. El será quen conduza a Zoé pola aventura que está a punto de vivir.

É un espectáculo para gozar en familia que nos permitirá reflexionar e soñar. Reflexionar sobre a figura de Quidam, que podemos ser calquera de nós. Quidam é un descoñecido sen nome… Preséntanos un lugar para soñar, onde todos os quidams proclaman a súa individualidade e finalmente emerxen do anonimato.

Cada movemento e cada artista faranos vivir o risco en complicadosequilibrismos, contorsionismos, malabares, aros ou cordas… Diábolos e saltos, así como efixies humanas que retando á gravidade se sosteñen entre si en posturas imposibles, todo un desafío ás leis da física. Poderás conseguir todas as túas entradas aquí.

Cincuenta e dous acróbatas, músicos e personaxes farannos gozar con números de contorsión aérea, acrobacias, roda alemá, swing nas nubes, acrobacias… O Coliseum da Coruña xa se está a adaptar ás esixencias escénicas e técnicas da compañía e contará cun aforamento reducido para 5.000 persoas.

Quidam é un dos espectáculos que máis tempo leva en escena e un dos máis representativos do Circo do Sol. A compañía canadense estreouno por primeira vez en Montreal no ano 1996 e dende entón percorreu o mundo.

Dirixido a: todos os públicos

25 de decembro – 21h | 26 e 27 de decembro – 17.30 e 21h | 28 de decembro– 14, 17.30 e 21h | 29 de decembro– 13 e16.30h

Coliseum A Coruña Como chegar

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Non vos perdades a oportunidade de ver o Circo do Sol, aquí vos deixamos un adianto…

 

 

 

Escribe un comentario