Nuevos cumples en Langstrump

Se buscades un cumple diferente, único, un cumple como os de antes, bonito e divertido… non busquedes máis, o voso sitio é Langstrump na Coruña!

Ademáis de propoñervos mil ideas, buscan adaptarse aos vosos gustos, ás idades dos nenos ou a calquera cousa que necesitedes… para que cada festa sexa un recordo incríble. A merenda en Langstrump tamén está pensada ao detalle: buscan produtos naturais e sen aditivos, tanto zumos como golosinas… sandwiches doces e salgados, snacks salgados e macedonia. Teñen ademais á mellor reposteira: Ana crea e elabora as tartas con ingredientes naturais.

cumple básico de Langstrump dura 3 horas e está pensado para 15 nenos, as invitacións, monitores segundo o número de nenos, a merenda, a mesa de café para os maiores, a tarta e piruletas Langstrump para todos os nenos… (o prezo son 200€ + 10€ cada neno a maiores). E a partir deste cumple básico, en Langstrump axústanse á vosa idea, aos nenos, ao presuposto… ofrecendo un amplo abano de posibilidades.

  • LANGSTRUMP & Cía.: piñata, decoración personalizada, maquillaxe de fantasía, xogo de globos ou globoflexia, bolsiña doces personalizada, galería de fotos privada na web + cd fotos, artistas invitados…
  • TEMAS E TALLERES. Convertirán a súa casa no que queirades: unha escola de espías, no lonxano Oeste, nun laboratorio, un cumple viaxeiro, nun bosque de Fadas, no conto de Caperucita… ou nun taller de cociña, de ciencia, de arte, de plástica
  • LANGSTRUMP PLAY. Xogos e actividades a medida para cada cumple. 
  • MINI CUMPLES. Para os que queredes un cumple pequeniño, pero que siga sendo un cumple mimado, en Langstrump teñen os minicumples de ata 10 invitados.
  • PROHIBIDO PEQUENOS. Para nenos e nenas maiores! Para os nenos que xa creceron… terán cumple e actividades de cine, de música, de cociña, de ciencia, de arte, de crafts 
  • PARAPAPÁS E PARAMAMÁS. Non se olvidan dos papás e as mamás! Unha mesa de café, algo de picar, dulce ou salgado, algunha bebida especial…
  • BIG, BIG, BIG. Se queredes unha festa redonda na que non falte de nada… que teña os clásicos da festa, cun tema, un taller, un xogo, que os papás e mamás disfrutedes tanto como os nenos, que a merenda sexa espectacular… este é o voso cumple!
  • NO PARQUE! O Parque de Santa Margarita queda moi cerquiña de Langstrump así que tamén pensaron nos que queredes actividades ao aire libre.
  • LANGSTRUMP FAMILIES. Para as familias que buscades onde poder facer unha festa, ou unha reunión, e poder estar como na casa, que os niños estén entretidos e disfrutando,… déixanvos Langstrump!

 

Se queredes recibir máis información podedes chamar ao teléfono 881 918 770 ou escribir ao mail hola@langstrump.es.

Como vedes as posibilidades son infinitas en Langstrump!! Nós hai xa un ano celebramos alí o noso cumple e tanto a súa casa como a familia Langstrump son un 10, así que máis que recomedado!!!

 
 


 
 
LANGSTRUMP en A Coruña Como chegar

 
 
 

Escribe un comentario