Noite baixo as estrelas no PACC

Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa en San Cibrao de Las en Ourense celebra de novo a noite das Perseidas cunha actividades especial o 13 de agosto. Coincidindo con este fenómeno astronómico, máis coñecido como a noite das bágoas de San Lourenzo, poderedes visitar o centro de interpretación, participar nunha visita guiada nocturna, nunha cea (opcional) e, a continuación, a actividade de observación astronómica coa Asociación Astronómica de Ourense.

O castro de Las converterase nun punto de observación astronómica, un plan diferente para gozar en familia este verán!

  • 13 de agosto
    • 20.30 a 23 horas | Visita libre Centro de interpretación
    • 21.30 a 23 horas | Cea
    • 23 a 24 horas | Visita guiada nocturna castro
    • 24 a 01.30 horas | Observación astrónomica
  • Prezo: 6€ observación astronómica e gratis para menores de 12 anos | 15€ visita guiada + observación astronómica – 6€ para nenos de 6 a 12 anos e gratis para menores de 6 anos | 25€ visita + observación + cea – 10€ para nenos de 6 a 12 anos e 6€ para nenos de ata 6 anos
  • É necesario reservar a actividade previamente, xa que o aforo é limitado no mail reservas@pacc.es ou no teléfono 988 267 285.
  • Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa en San Cibrao de Las en Ourense Como chegar

 

Escribe un comentario