No verán un conto… en Vigo

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza unha nova edición do programa No verán… un conto co obxectivo de difundir o patrimonio oral a través de actividades, contacontos, monicreques, música e camiñadas e xogos nas Illas Cíes. Este é o programa para os vindeiros meses:

  •  2 de xullo | 20 horas | Praza da Lagoa en Navia | Antía, Wamba e o regato pequeno con A Tropa de Trapo
  • 4 de xullo | 20 horas | Calvario (fronte ao Mercado) | O traxe novo do rei con Tarabelos
  • 5 de xullo | Illas Cíes | Ruta polos topónimos
  • 9 de xullo | 20 horas | Praza da Independencia | Historias da maletra con Raquel Queizás
  • 11 de xullo | 19 horas | Centro de Visitantes Parque Illas Atlánticas | Mariña: contos nacidos no mar con Raquel Queizás
  • 16 de xullo | 20 horas | Praza da Miñoca | Historias da maletra con Raquel Queizás
  • 18 de xullo | 20 horas | Calvario (fronte ao Mercado) | Cores con Marta Ortiz
  • 23 de xullo | 20 horas | Praza da Lagoa en Navia | O traxe novo do rei con Tarabelos
  • 1 de agosto | 20 horas | Castrelos | Rodari Rodari con Inacio Vilariño
  • 6 de agosto | 20 horas | Praza da Miñoca | Rodari Rodari con Inacio Vilariño
  • 8 de agosto | 20 horas | Castrelos | Babamor con Larraitz Urruzola
  • 9 de agosto | 20 horas | Castrelos | Serán regueifeiro con Josinho, Luis O Caruncho e alumano CIOV
  • 20 de agosto | 20 horas | Praza da Independencia | O soño de Ester con Miguel Anxo A. Diz
  • 22 de agosto | 20 horas | Calvario (fronte ao Mercado) | O soño de Ester con Miguel Anxo A. Diz
  • 27 de agosto | 20 horas | Praza de Digau en Navia | Babamor con Larraitz Urruzola
  • 29 de agosto | 20 horas | Praza de Compostela | A que cheiran os contos? con Tarabelos
  • 30 de agosto | 20 horas | Praza da Independencia | O traxe novo do rei con Tarabelos
  • 4 de setembro | 20 horas | Centro de Visitantes Parque Illas Atlánticas | A Nao Catrineta con Inacio Vilariño
  • 5 de setembro | 20 horas | Centro de Visitantes Parque Illas Atlánticas | As Maimiñas
  • 10 de setembro | 20 horas | Praza de Digau en Navia | Mariña: contos nacidos no mar con Raquel Queizás
  • 12 de setembro | 20 horas | Praza de América | A Nao Catrineta con Inacio Vilariño
  • 13 de setembro | Illas Cíes | 12 horas: actividades infantís – 13 horas: vermú regueifeiro – 17.30 horas: xincana – 20.30 horas: serán regueifeiro

Podedes seguir o programa a través da súa páxina de facebook AQUÍ.

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.