O programa de actividades Nexos da Cidade da Cultura en Santiago volve a prestar especial atención aos máis pequenos. Para eles van dirixidas estas actividades que buscan transmitir a idea de que a través dos libros e da expresión artística podemos entender a realidade, transformala e mellorala. Cada sesión artellaráse baixo a fórmula: ler, facer, falar.
- Ler a través dunha lectura conxunta dunha ou varias das obras, un contacontos ou unha actividade musical.
- Facer: a diversión tamén está asegurada a través de actividades lúdicas e didácticas na que os nenos participarán de forma activa.
- Falar: como peche das actividades, extraeranse unha serie de conclusións e propiciarase o debate e o intercambio de ideas.
Dirixido a: nenos de 5 a 12 anos
DATAS…
- 1 de febreiro | 12 horas | A Guerra
- 8 de marzo | 12 horas | As letras das cancións como texto literario
- 12 de abril | 12 horas | Centenario de Octavio Paz
- 28 de xuño* | 12 horas | O malditismo nas artes
De balde. É necesario inscrición previa na WEB
[divider style=”dotted” height=”40px” ]
CIDADE DA CULTURA en Santiago de Compostela Como chegar