Nenoos na Rúa

NENOOS participará na Semana Cultural da Rúa o día 22 de abril con talleres gratuitos de ábaco Soroban e ocio intelixente. Trasladará o seu innovador método para potenciar o talento ata A Rúa onde participará na Semana Cultural organizada polo Colexio Pablo VI. Ao longo da mañá, alumnos de 3 a 13 anos poderán participar en diferentes talleres de ábaco e outros xogos para descubrir como se pode aprender xogando de maneira divertida e eficaz.

Estes talleres, que se imparten por persoal cualificado, teñen como obxectivo dar a coñecer o método para que os colexios da Rúa podan ofrecer NENOOS como actividade extraescolar.

  • 22 de abril
  • Talleres | Durante a mañá
  • Charlas para os pais | 20 horas
  • Colegio Pablo VI da Rúa en Ourense Como chegar

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.