Nadal no Museo do Mar de Galicia

O Museo do Mar de Galicia en Vigo prepárase para o Nadal cunha ampla programación para nenos e familias.

 

Escolle a túa aventura

  • Coñecendo a cultura tradicional mariñeira   *a partir de 8 anos
  • A conquista do mundo submarino   *a partir de 8 anos
  • Os segredos arqueolóxicos do Museo do Mar   *a partir de 8 anos
  • Comían peixe os romanos? Unha viaxe no tempo   *para nenos de 3 a 7 anos
  • A casa dos vellos mariñeiros   *para nenos de 3 a 7 anos
  • 20, 24, 27 e 30 de decembro e o 3 e 7 de xaneiro | 11 horas
  • * Os menores deben ir sempre acompañados mínimo dunha persoa adulta

 


 

 

Sopros de Nadal

Faremos un percorrido pola exposición que permitirá coñecer o nacemento, no século XIX, e a evolución ó longo dos anos da arte da decoración do Nadal en vidro, ademais de achegarnos ó descubrimento de lendas e historias relacionadas cos protagonistas e as tradicións do Nadal, a través da súa representación en cristal. E remataremos a nosa actividade participando na elaboración dun adobío para o noso árbore de nadal.

  • Dirixido a: nenos a partir de 6 anos
  • Martes 23 e 30 de decembro | 11 e 17 horas
  • Duración: 60 minutos

 

Un paseo pola exposición Sopros de Nadal

Para todas aquelas persoas que desexen coñecer un pouquiño máis da exposición temporal de Sopros de Nadal, realizarase unha visita guiada por Fátima Cobo, Comisaria da exposición.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • 27 de decembro | 17.30 horas
  • 3 de xaneiro | 12 horas
  • Duración: 45 minutos

 


 

 

Centro Arqueolóxico do Areal Salinae

Escolle a túa aventura 

  • Os sabores de Roma  *a partir de 8 anos
  • Descubrindo Salinae   *a partir de 8 anos
  • Dirixido a: todos os públicos
  • De martes a venres  | 11.30 horas
  • Duración: 90 minutos

 

MUSEO DO MAR DE GALICIA en Vigo Como chegar

 

 

Escribe un comentario