Nadal no Gaiás

Música, teatro, xogos, obradoiros, concursos… Este Nadal na Cidade da Cultura poderedes gozar con diferentes actividades pensadas para participar en familia:

Planeta KA

Os máis pequenos poderán converterse en cosmonautas e adentrarse en KA, un planeta descoñecido. Percorre as montañas de cores e texturas suaves e investiga nos cráteres, covas e rincóns que agochan sorpresas. Planeta KA propón un espazo privilexiado para a descuberta da súa contorna: texturas diversas, solos irregulares, espazos segredos, pendentes para escalar ou por onde deslizarse e efectos sonoros e visuais que se activan coa súa presenza. Un espectáculo-instalación sensorial co que descubrir un novo mundo.

Dirixido a: nenos de 1 a 3 anos

Duración: 30 minutos

22 de decembro | 11, 11.45, 12.30, 16.30, 17.15 e 18 horas

Prezo: adulto+neno 5€

Entradas: en Servinova e no Punto On da Cidade da Cultura

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

O Nadal é unha bola de cristal

Que teñen as esferas de cristal con neve que nos hipnotizan? Támara Sánchez animará a nenos e pais a que contribúan a crear un recordo de Nadal en forma de bola de cristal. Como? Con algúns materiais de refugallo, como os botes pequenos de vidro que habitualmente conteñen alimentos. Os motivos para o interior? Os que gusten na súa inventiva. Con plastelina modelarán os detalles que queiran. A glicerina líquida fará o milagre da neve e purpurina e cintas darán o toque final á nosa bola do Nadal de 2013. Unha experiencia divertida e creativa que dá nova vida aos tarros de vidro.

Dirixido a: nenos a partir de 6 anos

Duración: 90 minutos

26 de decembro | 11.30 e 17 horas

Prezo: 3€

Entradas: en Servinova e no Punto On da Cidade da Cultura

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Facendo Scrap co 2013

Cal foi a túa foto favorita de 2013? Tes algún recordo especial que queiras gardar na túa memoria? Houbo algunha noticia que non queres esquecer? Algunha persoa? Pois tráeos ao Gaiás e confecciona o teu propio álbum ou libro de memorias a base de retallos de cartón, de lazos, de telas… pero sobre todo con retallos dun mesmo.Esperta a túa creatividade, aprende a manexar a técnica do scrapbooking e elabora un obxecto inesquecible ou un agasallo para alguén especial.

* Os asistentes deberán traer fotos súas, debuxos, recortes de xornal ou calquera outro documento que sexa significativo. Material con pouco releve que podan incorporar ao álbum.

Dirixido a: nenos a partir de 5 anos

Duración: 90 minutos

27 de decembro | 11.30 e 17 horas

Prezo: 3€

Entradas: en Servinova e no Punto On da Cidade da Cultura

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Simplicissimus

Benvidos á primeira revista musical infantil e familiar. Unha proposta surrealista na que a danza clásica, contemporánea, music-hall e o claqué combinaranse co teatro, clown, monicreques, mimo e acrobacia nun espectáculo cheo de luz, brillo e cor.  Un cóctel de pluma e abelorios onde todo é posible, para sexa paladeado en familia, descubrindo un mundo novo aos máis pequenos e rememorando un pasado non moi lonxano para os adultos. Unha homenaxe ás varietés, aos tempos dos teatros de madeira e os decorados de papel pintado… Benvidos a Simplicissimus.

Dirixido a: nenos a partir de 6 anos

Duración: 90 minutos

28 de decembro | 18 e 20 horas

Prezo: 5€ – 15€ abono familiar de 4 entradas

Entradas: en Servinova e no Punto On da Cidade da Cultura

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Cancións por regalos

Trae un regalo, goza da música e fai feliz a un neno. O vindeiro 4 de xaneiro ás cinco da tarde, a Cidade da Cultura acolle unha nova edición do concerto solidario Cancións por regalos con a ópera rock infantil Bababum e un concerto con Candela y Los Supremos, a nena indie que está revolucionando a industria musical.

Dirixido a: todos os públicos

Duración: 2 horas

4 de xaneiro | 17 horas

Prezo: simbólico – 1 regalo

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

CIDADE DA CULTURA en Santiago de Compostela Como chegar

Escribe un comentario