Nadal no Gaiás 2015

A Cidade da Cultura en Santiago de Compostela programa para este mes diferentes actividades para os máis pequenos: Nadal no Gaiás.

BABOO EXPERIENCE

Unha discoteca para os máis pequenos da casa. Esta é a oferta de Baboo Experience, un lugar para bailar, saltar e moverse libremente ao ritmo da selección musical de DJ GuGuGaGa e proxeccións interactivas que porá en escena a VJ Mademoiselle Oui Oui. Unha auténtica experiencia visual e sonora na que os cativos -en compañía dos seus pais- non só se divertirán e pasarán un bo rato, senón que deixarán voar a súa imaxinación e desenvolverán a súa creatividade.

  • Dirixido a: nenos de 1 a 5 anos
  • Duración: 40 minutos
  • 20 de decembro | 11, 12 e 13 horas
  • Entrada: neno+adulto) 8€. Á venda no Museo Centro Gaiás e www.ataquilla.com

 

NADAL SWING

Nenos e maiores aprenderán a mover o seu corpo a ritmo de swing nunha velada na que non faltará a música en directo para que poidas aprender todos os pasos, exhibicións a cargo de bailaríns profesionais que nos deixarán coa boca aberta cos seus movementos e ata un recuncho no que poderemos caracterizarnos con diferentes accesorios e converternos nos reis da pista.

  • Dirixido a: nenos a partir de 3 anos
  • Duración: 4 horas
  • 26 de decembro | 16 horas
  • Entrada: 5€. Á venda no Museo Centro Gaiás e www.ataquilla.com

 

MERENDA DE NADAL

Esta Merenda de Nadal ten tres ingredientes principais: gastronomía, música e moito humor co espectáculo Cocido sinfónico, no que tres vagabundos se converten en cociñeiro, camareiro e xefe de cociña e nos amosarán a súa peculiar forma de elaborar un menú. Tras eles, o grupo de percusión Odaiko sorprenderá ao público con Cocido viaxeiro, no que converterá calquera utensilio en música do máis virtuosa. E para facer redonda esta merenda, desde as 16 horas, os participantes poderán achegarse aos diferentes postos do Museo Centro Gaiás para facer unha degustación dos mellores produtos galegos.

  • Dirixido a: nenos a partir de 3 anos
  • Duración: 4 horas
  • 29 de decembro | 16 horas
  • Entrada: 5€. Á venda no Museo Centro Gaiás e www.ataquilla.com

 

CANCIÓNS POR REGALOS

Da man de Ernie Producciones, poderás co mellor pop do momento a cambio dunha entrada simbólica: o agasallo que ti elixas para quen máis o necesite. Cancións por regalos é unha inicitiva redonda na que todos gañan, xa que mentras ti levas para casa unhas cantas cancións para o recordo, aqueles que máis o precisen terán un sorpresa o Día de Reis: o regalo que ti elixas como entrada.

  • Dirixido a: nenos a partir de 3 anos
  • Duración: 2 horas
  • 2 de xaneiro | 17 horas
  • Entrada: o regalo que ti elixas

 

Nadal no Gaiás compleméntase coa programación dos Findes na baleaE non podía faltar o xa clásico Concurso de postais: Imaxina o teu Nadal no Gaiás`15.

CIDADE DA CULTURA en Santiago Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.