Nadal nas Pontes

A vila das Pontes prepárase para vivir o Nadal cunha programación especial tanto para pequenos como para maiores.

Nadal Pirata

Concerto da Banda do Conservatorio, conxuntos e alumnos de linguaxe musical.

Dirixido a: todos os públicos

19 de decembro | 19 horas | Auditorio Cine Alovi

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Ñam de Caramuxo Teatro

Ñam é un espectáculo para bebés onde nos contan que comer é un pracer. Mais antes hai que cociñar e escoller os mellores produtos: porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes ou pequenas, os tomates da casa ou do outro lado do mundo. A min encántame o doce! Pois eu prefiro o salgado! Un espectáculo visual de teatro e danza para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia.

Dirixido a: nenos de 1 a 6 anos

Duración: 30 minutos

22 de decembro | 17.30 e 18.30 horas | Auditorio Cine Alovi

Prezo: 3€ adultos e 1,5€ nenos. Entradas á venda na billeteira dende as 16h.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Bicos de Música de Mamá Cabra

Mamá Cabra farános bailar e disfrutar con este disco con cancións para viaxar, para cruzar a rúa, para escoitar poesía… apoiándose nun guión cómico no que cada un dos músicos para a desenvolver un diferente rol, conseguen que as presentacións e as interpretacións sexan moi divertidas.

Dirixido a: público infantil e familiar

23 de decembro | 18 horas | Auditorio Cine Alovi

Prezo: 3€ adultos e 1,5€ nenos. Entradas á venda na billeteira de 12 a 13.30h e a partir das 16.30h.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Nadal de Cine

Monstruos University | 30 de decembro | 18 horas

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Parque Infantil

O Pavillón Municipal convertiráse nun espazo de diversión para os nenos de todas as idades con inchables, circuíto de bolas rodantes, vai-ven, palmeiras, con Bob Esponja e unha casiña especial para nenos de 1 a 4 anos.

2 de xaneiro | 16 horas | Pavillón Polideportivo Municipal

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

O día que chegou unha nube e choveu de Títeres Trompicallo

Había unha vez que non había nada, só pedras… Entón chegou unha nube, choveu e formouse un manancial. Coa chegada da auga creceu a herba, e na herba as flores e as árbores, na auga naceron os peixes e as ras, despois chegaron os insectos, as ovellas, o lobo … en fin, a vida. Pero, que acontece cando un día a auga desaparece?

Dirixido a: nenos de 1 a 3 anos

Duración: 30 minutos

3 de xaneiro | 11 e 12 horas | Escola Infantil Barosa

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Osiño de Títeres Trompicallo

A vida nun anaquiño de fraga, transfórmase coa chegada das diferentes estacións. Neste lugar vive Osiño coa súa mamá. Con eles pasaremos un inverno no que Osiño ten moito frío, pero a súa mamá vaille ensinar o que un oso debe facer para non telo e poder xogar coa neve. Na primavera coñeceremos ao avó de Osiño, que lle contará o seu conto favorito, o de cando a súa mamá, de pequena, coñeceu a un paporrubio. Polo verán Osiño levaranos a dar un longo e fantástico paseo nocturno, para poder levarlle a súa mamá un pedazo de queixo moi especial. E no outono celebraremos con el e os seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos o seu cumpreanos.

Dirixido a: nenos maiores de 3 anos

Duración: 55 minutos

3 de xaneiro | 18 horas | Casa Dopeso

Prezo: 3€ adultos e 1,5€ nenos

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

[blockquote indent=”yes” ]Diverocio Nadal[/blockquote]
 

Para este Nadal a concellería de Servizos Sociais volve a programar actividades co obxectivo de facilitar a conciliación durante as vacacións escolares. Os nenos participarán en múltiples actividades relacionadas co Nadal e coas diferentes culturas, xogos e talleres para fomentar a coeducación, a tolerancia e diferentes valores. As actividades comenzan o día 23 de decembro.

Inscrición: o prazo estará aberto ata o día 18 de decembro e é necesario cubrir a a solicitude e entregar a fotocopia do Libro de Familia. Ademáis é preciso un certificado da empresa conforme se está a traballar durante as datas nas que se desenvolvan estes campamentos ou ben de que se está a tomar parte nun curso formativo e a declaración xurada de estar a traballar no servizo doméstico. A documentación será entregada no departamento de Servizos Sociais, no segundo andar da Casa Dopeso, de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas.

 

 

Concello As Pontes

 

 

Escribe un comentario