Nadal na Cidade da Cultura

Este Nadal a Cidade da Cultura en Santiago convértese nun lugar cheo de música, teatro, xogos, talleres, concursos… Un amplo programa para participar en familia onde se mesturan diversión, ocio e aprendizaxe.

A árbore das ilusións

En moitas culturas, a árbore é símbolo de unión e de historia colectiva. Por este motivo, o Concello de Santiago pon en marcha a árbore das ilusións, que ten como obxectivo crear unha árbore de todos e para todos no que, peza a peza, se representen as ilusións e desexos dos veciños de Santiago. Na Cidade da Cultura haberá un taller de decoración da Árbore que partirá do residuo como materia prima. CD’s, plásticos, corda, la, tea, lazos… todo terá cabida.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • Duración: 2 horas
  • 6 de decembro | 16.30 horas
  • Entrada libre e gratuita

 

Rolf & Flor en el Círculo Polar

Viaxa con Rolf & Flor al Círculo Polar a ritmo dunha das bandas de música electrónica máis recoñecidas: os cataláns The Pinker Tones. Xuntos viviremos unha gran aventura con estes dous personaxes que, tras coñecerse no Caribe, se reencontran agora en latitudes máis frías para visitar héisers, ver baleas, deslizarse en trineo e ata marabillarse coa aurora boreal.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • Duración: 75 minutos
  • 21 de decembro | 18 horas
  • Entrada: 6-8€ á venda no Punto On da Cidade da Cultura e Servinova

 

Dálle á manivela por Nadal

Crear melodías máxicas con so facer xirar unha manivela. Ésta é a proposta do músico Germán Díaz, mestre da zanfoña, un instrumento co que é capaz de espertar as emocións máis profundas. Poderedes compartir tres horas con este músico para compoñer unha peza musical que poda ser interpretada por un dos instrumentos de manivela da súa colección.

  • Dirixido a: nenos a partir de 6 anos
  • Duración: 2 horas
  • 22 de decembro | 16.30 horas
  • Entrada: 3€ á venda no Punto On da Cidade da Cultura e Servinova

 

Baile de xogos

Da man de Edith Cotilla Quintela e Gustavo Couto Rodríguez descubriremos unha chea de xogos cos que introducirnos no baile tradicional por medio de pasos e figuras sinxelas para acabar nunha sesión de xogo-baile colectiva na que disfrutar en familia.

  • Dirixido a: nenos a partir de 6 anos
  • Duración: 2 horas
  • 23 de decembro | 16.30 horas
  • Entrada: 3€ á venda no Punto On da Cidade da Cultura e Servinova

 

 Al Tun Tun

Un escenario, tres comediantes e un mundo onde todo é posible.  Al tun tun é unha obra de teatro chea de humor exquisito, absurdo e cun surrealismo que deixará coa boca aberta a grandes e pequenos. Cunha linguaxe teatral que bebe directamente da máis pura tradición dos paiasos, Teatre Móbil ofrece un abano de sorpresas.

  • Dirixido a: nenos a partir de 4 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 27 de decembro | 18 horas
  • Entrada: 6-8€ á venda no Punto On da Cidade da Cultura e Servinova

 

Cine de plastilina

Coincidindo co 25 aniversario de Sempre Xonxa, a mítica película de Chano Piñeiro e pioneira do cine galego, os participantes neste taller modelarán en plastilina e darán vida aos seus personaxes para crear unha película en stop motion. Un divertido taller co que os máis pequenos achegaránse aos inicios do cine galego mentres os seus pais revivirán esceas míticas da nosa historia audiovisual.

  • Dirixido a: nenos a partir de 9 anos
  • Duración: 3 horas
  • 29 de decembro | 16.30 horas
  • Entrada: 3€ á venda no Punto On da Cidade da Cultura e Servinova

 

Cancións por agasallos: Mastretta

Trae un agasallo, disfruta da música e fai feliz a un neno. Cancións por agasallos estará protagonizado por un músico excepcional: Nacho Mastretta. Acompañado dunha divertida banda (Marina Sorin, violonchelo e phonoviolín, Pablo Novoa á guitarra e Coke Santos á percusión), Mastretta invita a pais e fillos a disfrutar da música a través de xogos nos que converterse en intérpretes, directores de orquestra ou bailaríns.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • Duración: 90 minutos
  • 3 de xaneiro | 18 horas
  • Entrada: entrada simbólica, un agasallo.

 


 

 

CIDADE DA CULTURA en Santiago Como chegar

¡Compártelo!
Artículo anteriorTeatro infantil en Vigo
Artículo siguienteNadal en Nenoos

Escribe un comentario