Nadal en Taller Abierto

Taller Abierto en Pontevedra organiza sesións especiais de arte para este Nadal. Son talleres que recuperan o inverno, os contos, o ritual e o fogar, como puntos de partida para despregar a creatividade.  Son sesións distintas e independentes e traballaránse aspectos  transversais  (a festa, o conto, as comidas, o agasallo) cun enfoque narrativo e expresivo dende o xogo e a plástica.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Dirixidos a: nenos de 4 a 12 anos

23, 26, 27 e 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro | de 17 a 19 horas

Prezo: 10€/cada sesión

Inscrición: a inscrición está aberta ata cubrir as prazas, no teléfono 617 340 323 ou no mail contacto@tallerabierto.info

Taller Abierto en Pontevedra Como chegar

 

 

Escribe un comentario