Música e teatro en Tui

A música e o teatro infantil volve durante este mes ao Teatro Principal de Tui.

De aquí para alá con Lydia Botana

O son dos instrumentos musicais fai nacer unha bolboreta, que viaxará ao través do mundo aprendendo, escoitando e cantando as músicas de cada lugar. O público tamén acompaña a actores e músicos na procura de novos sons.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • Duración: 60 minutos
  • 24 de outubro | 20 horas
  • Prezo:  3,5€ – 2,5€

[divider height=”40px” ]

…3,2,1… con Ghazafelhos

Un astronauta e unha extraterrestre coinciden nun planeta descoñecido. A convivencia que inician lévaos a descubrir sentimentos que non sospeitaban ter. Esta é unha historia chea de humor e tenrura que chegará ao corazón. Trátase dun espectáculo de teatro xestual e mímica con manipulación de monicreques e obxectos no que a música ten tamén o seu papel.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • Duración: 60 minutos
  • 7 de novembro | 20 horas
  • Prezo:  3,5€ – 2,5€

[divider height=”40px” ]

A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol

A vaca Mumu está disposta a cambiar todo o preciso para se tan especial coma unha estrela. Xa non quere formar parte da tropa de trapo xunto aos seus amigos feitos de teas diferentes e cheos de manchas de cores de xogar no campo. Descubrir un branquísimo rabaño de ovellas faille desexar ser coma elas, máis aínda ao saber que forman parte dun gran espectáculo.

  • Dirixido a: nenos maiores de 2 anos
  • Duración: 76 minutos
  • 15 de novembro | 19 horas
  • Prezo:  3,5€ – 2,5€

[divider height=”40px” ]

 Teatro Municipal de Tui Como chegar

* Podedes consultar a programación na web www.culturatui.info. Nesta web están á venda as entradas para os espectáculos dende unha semana antes da súa celebración.

¡Compártelo!
Artículo anteriorMúsica y teatro en Tui
Artículo siguienteSamaín en Galicia

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.