Música e teatro en Santiago

En Santiago este mes poderedes disfrutar da maxia, do teatro e da música en familia.

Chíos con Teatro da Semente

Con este espectáculo descubrimos o mundo a través dos sentidos, transformamos obxectos, disfrutamos coa música e as palabras e exaltamos a importancia do lúdico e do contacto coa natureza, tan esquecida nestes tempos de xogos de interior e máquinas.
  • Dirixido a: nenos de 0 a 3 anos
  • 1 de marzo | 12.30 e 17 horas
  • Entrada: 5€ / entrada familiar: 4×3 (15€)
  • Zona C – San Domingos de Bonaval

 

Pedro e o Lobo con Fantoches Baj e a Banda Municipal

A compañía de monicreques Fantoches Baj presenta a súa adaptación do clásico e popular conto Pedro e o lobo de Prokofiev. O seu conto narra a historia de Antón, Mariola e Pedro, antigos operarios do ferrocarril aos que un día lles tocou desmontar a estación da súa aldea, Montefurado.
  • Dirixido a: nenos a partir de 3 anos
  • 7 de marzo | 18.30 horas
  • Gratuito previa retirada de entrada
  • Auditorio de Galicia

 

Ara Malikian 15

Brillante e expresivo, cun estilo propio e orixinal forxado a partir das súas orixes e vivencias, Ara Malikian é un persoeiro singular na escena musical actual. Agora, Ara Malikian celebra o seu decimoquinto aniversario en España cun concerto que ten para el un significado especial e no que inclúe o mellor destes 15 anos de intensa actividade.
  • Dirixido a: todos os públicos
  • 14 de marzo | 18 horas
  • Entrada: 16€
  • Auditorio de Galicia

 

Concerto familiar coa Real Filharmonía de Galicia

Ralph Vaughan Williams e o mestre do Romanticismo Franz Schubert son os autores deste novo concerto familiar da Real Filharmonía de Galicia organizado en colaboración co Conservatorio Profesional de Música compostelán.
  • Dirixido a: nenos a partir de 7 anos
  • 21 de marzo | 18.30 horas
  • Gratuito previa retirada de entrada
  • Auditorio de Galicia

 

Escribe un comentario