Música e teatro en Ourense

Continúa a programación teatral en Ourense con espectáculos para disfrutar en familia, este é o programa para este mes de novembro:

CONTOS DE IDA E VOLTA con CHARO PITA

Contos, cancións e poemas que van e volven como as ondas do mar; que se dan a volta como as luvas para ir do principio ao final, do final ao principio; da palabra dita ao libro e do libro á imaxe para que os máis cativos poidan gozar tamén das historias.

  • Dirixido a: bebés de 0 a 3 anos
  • Duración: 30 minutos
  • 4 de novembro | 18 e 19 horas
  • Entrada: 3€

OS DIVERTIDOS ESPÍRITOS DO SAMAÍN de BARAFUNDA

Dúas personaxes farán unha terrorífica sesión de sorrisos onde os nenos e as nenas bailarán coma tolos e xogarán a ser auténticos monstros. Un espectáculo de movemento ambientado nas historias da noite do Samaín.

  • Dirixido a: nenos maiores de 3 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 6 de novembro | 12 horas
  • Entrada: 3€

 

CINCENTA de DANTHEA TEATRO

O zapateiro real recibe todos os días calzado das persoas máis importantes do reino. Un día chegará ás súas mans un pequeno zapato de cristal, o fermoso zapato da moza Cincenta: un zapato que agocha unha fantástica historia.

  • Dirixido a: nenos maiores de 2 anos
  • Duración: 45 minutos
  • 13 de novembro | 12 horas
  • Entrada: 3€

 

O ALOUMIÑO DUNHA ESTRELA de AVOA YOUJA

Se estarricamos moito os brazos, moi lonxe, cara ao ceo, parécenos tocar as estrelas coa punta dos nosos dedos… semella imposible, non si? Nesta viaxe sensorial, co arrolo da música da arpa e seguindo os zapatiños vermellos, faremos posible que as pequeniñas e os pequerrechos gocen da poesía, das imaxes ata rabuñar a bóveda celeste.

  • Dirixido a: bebés de 0 a 4 anos
  • Duración: 45 minutos
  • 19 de novembro | 18 e 19 horas
  • Entrada: 3€

 

RUBICUNDO de GHAZAFELHOS

Todas as noites, Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara nesta personaxe, enfundada nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea. Disposta a chegar até a fin daquel misterio…Pois así era esta rapaza…curiosa e soñadora.

  • Dirixido a: nenos maiores de 5 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 20 de novembro | 12 horas
  • Entrada: 3€

 

TITA de Babaluva

Da man das titiriteiras Mirari e Larraitz Urruzola coñeceremos as causas do desacougo de Tita e axudarémola para que saiba actuar cando ten medo, ganas de chorar, ou está enfadada, conseguir sobrepoñerse e recuperar o amor. Tita aprenderá a distinguir as emocións, a miralas de fronte, a saber que lle queren dicir. Un espectáculo sobre intelixencia emocional.

  • Dirixido a: nenos maiores de 3 anos
  • Duración: 45 minutos
  • 27 de novembro | 12 horas
  • Entrada: 3€

 


Entradas: www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

Auditorio Municipal de Ourense Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.