Música animada no MACUF

O Museo de Arte Contemporáneao da Coruña prepara, por sétimo ano consecutivo, o seu programa musical para os máis pequenos da casa. Poderedes gozar de diferentes estilos, dende a música popular ata a música clásica, pasando polo jazz, o soul ou o swing. Todo iso estará aderezado con tons de humor, personaxes sorpresa, marionetas e debuxos animados.

Dirixido a: público infantil e familiar

Domingos alternos entre o 10 de novembro de 2013 e o 11 de maio de 2014

De 12.30 a 13.30 horas

Entrada libre,  limitada ao aforo do auditorio

MACUF na Coruña Como chegar

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

10 de novembro | 12.30 horas | As cores das cordas

Un concerto inesquecible cos nosos amigos os Arcos Iris. Seis músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia cos que faremos xogos e aprenderemos os segredos dos instrumentos de corda.

24 de novembro 12.30 horas De profesión, compositor!

Neste concerto acompañaránvos o violín, o violoncelo e o piano do Trío Merlín. Poderédesvos somerxer con eles nunha viaxe na que coñeceremos importantes compositores do repertorio clásico.

8 de decembro | 12.30 horas | Canta con nós I

Os cantantes Victoria Álvarez e Miguel Abalo, e o pianista Jose Manuel Yáñez traerán a maxia do musical. Embarcarédesvos con eles cara a novos destinos: O País de Nunca Jamás, a selva misteriosa, a exótica Arabia, o bosque encantado de Blancaneves e os Sete Ananiños, e descubriredes que canción soaba cando Cinsenta encontrou ao seu príncipe azul.

22 de decembro | 12.30 horas | O agasallo de Nadal…!

Escoitaredes a sonoridade dun excelente quinteto de metais. FormulaBrass acompañarávos nesta historia que promete dar moitas sorpresas!

5 de xaneiro | 12.30 horas | Ollos de Mel

O grupo de música infantil Pirilampo interpretará algunhas das cancións do seu último disco, teremos tamén debuxos animados!

19 de xaneiro | 12.30 horas | A Ritmo de Swing

Gozaredes do son dunha gran Big Band, a Atlantic Club Big Band dirixida polo mestre Jose Somoza, que traerá bandas sonoras de películas e outros temas coñecidos por todos, “a ritmo de swing”.

2 de febreiro | 12.30 horas | Canta con nós II

Volveredes ao marabilloso mundo de Walt Disney, onde vos esperan amigos como Peter Pan, Tarzán, Pinocho, Aladín, Los Aristogatos e… moitos máis!

16 de febreiro  | 12.30 horas | A misteriosa caixa de música

Un neno, unha caixa de música e un ser marabilloso que vive dentro dela son os elementos principais desta historia. Os nenos e nenas do taller “Imos facer música” ofrecerán un concerto cheo de sorpresas acompañados da Banda Sinfónica Adagio Cantabile.

2 de marzo  | 12.30 horas | A Ritmo de Jazz

O grupo Dorna Jazz Quartet Music interpretará unha selección das cancións infantís máis populares de todos os tempos “a ritmo de Jazz”.

16 de marzo  | 12.30 horas | Tocamos un blues?

Os Revival Stompers invítanvos a empaparvos das augas do Mississippie escoitar o xénero musical que crearon os escravos afroamericanos ás beiras deste río.

30 de marzo  | 12.30 horas | Música á Carta

Damas e cabaleiros! Nenos e nenas! Séntense e proben o “menú” que nos ten preparado o Cuarteto Rubato! Un concerto para chuparse os dedos!

13 de abril  | 12.30 horas | A máquina do tempo

O grupo de percusión Attaka traeranos todo o seu ritmo nun concerto cheo de cor e de instrumentos musicais, para levarnos a unha viaxe a través do tempo!

27 de abril  | 12.30 horas | Pinocho

Gozaredes das peripecias do neno de madeira máis famoso da literatura infantil grazas aos monicreques da compañía Naip e a música de Tactum Ensemble.

11 de maio  | 12.30 horas | O Mago de Oz

O latin jazz de Marossa Jazz Project acompañará Dorothy e os seus amigos neste famoso conto escrito polo norteamericano Lyman Frank Baum.

 

 

 

Escribe un comentario