Música animada no MACUF

Museo de Arte Contemporáneao da Coruña, xa puxo en marcha o seu programa musical para este 2014-2015: Música Animada. Poderedes disfrutar de diferentes estilos, dende a música popular ata a música clásica, pasando polo jazz, o soul o ou swing. Todo iso estará aderezado con tonos de humor, personaxes sorpresa, marionetas e debuxos animados.

  • Dirixido a: público infantil e familiar
  • Domingos alternos desde o 26 de outubro de 2014 ao 10 de maio de 2015
  • De 12.30 a 13.30 horas
  • Entrada libre,  limitada ao aforo do auditorio
  • MACUF na Coruña Como chegar

[divider height=”40px” ]

Pedro y el Lobo | Quinteto de viento Invento |  26 de outubro | 12.30 horas

Escoitaremos unha versión adaptada para frauta, óboe, clarinete, trompa e fagot dunha das pezas do repertorio musical infantil máis coñecidas de todos os tempos, composta por Sergéi Prokófiev.

Alma y Swing | Atlantic Club Big Band | 9 de novembro | 12.30 horas

Unha espectacular Big Band de 30 músicos dirixida polo mestre Somoza vainos ofrecer un percorrido por obras de diferentes estilos, adaptadas para Big Band.

¡Esto lo tenemos que arreglar! | Coro da Ra | 23 de novembro | 12.30 horas

Queredes saber como se arranxa un tema instrumental para interpretalo só con voces? Neste concerto ímolo explicar e ademais poderás probar ti mesmo a cantar co O Coro da Ra.

Lucecús | Pirilampo |  14 de decembro | 12.30 horas

O grupo de música infantil Pirilampo volve a visitarnos para traernos as cancións do seu último disco. ¡Promete ser divertido!

¡Por fin llegó la Navidad! | Fórmula Brass | 28 de decembro | 12.30 horas

Coñeces alguén que lle gusten os vilancicos? Ven e canta connosco vilancicos e cancións do Nadal de diferentes culturas. Estaremos ben acompañados por este marabilloso quinteto de metais.

Un concierto… de cine | Flip, Flop, Five |  11 de xaneiro | 12.30 horas

Este quinteto tan peculiar, traeranos algúns dos temas máis coñecidos da gran pantalla. Sabes cales son? Ven e disfrútaos con nós!

Un viaje muy especial | Fórmula Brass | 25 de xaneiro | 12.30 horas

As dúas trompetas e os tres trombóns de Formula Brass somerxeránnos nunha viaxe musical que promete ser moi especial.

Nueva Orleans, la ciudad de la música | Revival Stompers | 8 de febreiro | 12.30 horas

Coñecida por dar ao mundo a moitos dos grandes da música Jazz, como Louis Armstrong, Nova Orleans erá o noso próximo destino cun saxo, un trombón, un baixo e unha batería como única equipaxe.

El sastrecillo valiente | Marossa Jazz Project | 22 de febreiro | 12.30 horas

Escoitaremos o famoso conto dos Irmáns Grimm cun acompañamento musical a ritmo de latin jazz.

Los Superhércules | Hercules Brass | 8 marzo | 12.30 horas

Unha caixa misteriosa transformará os membros deste quinteto de metais en superheroes cuxa misión será recuperar os elementos que forman a música.

Sakura, sakura | Rodrigo Rodríguez | 22 de marzo | 12.30 horas

Somerxerémonos na cultura musical tradicional de Xapón e teremos a oportunidade de escoitar e tocar instrumentos orixinais como o Shakuhachi.

El efecto Arcos Iris | Arcos Iris | 12 de abril | 12.30 horas

Que emocións che fai sentir a música? Ven e  descobre xunto a este sexteto de cordas as emocións que pode provocar o efecto Arcos Iris.

Ma mère l’oye | Sara Gutiérrez y Federico Mosquera | 26 de abril | 12.30 horas

Escoitaremos ao piano a catro mans unha selección de pezas infantís que o compositor francés Maurice Ravel compuxo para os seus dous fillos, cando estes eran pequenos.

Entre las cuerdas | Cuarteto Rubato | 10 de maio | 12.30 horas

Aprenderemos algúns dos segredos que esconden un cuarteto de cordas, mentres escoitamos algunhas das obras máis coñecidas do repertorio clásico.

¡Compártelo!
Artículo anteriorMúsica animada en el MACUF
Artículo siguienteLos Boxtrolls

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.