Music Mind Games con Paula Colás

Hoxe a nosa colaboradora Paula Colás fálanos das sesións de Music Mind Games, queredes saber como son? Deixámosvos con ela…

Aprender a interpretar a música e comprender a súa parte máis teórica tamén pode ser divertido para os máis pequenos, so é necesario saber cómo captar a súa atención e facer que o vivan como algo único, como un desafío. Esto é precisamente o que consegue o equipo educativo de En Clave Método Suzuki durante as súas sesións de Music Mind Games.

Esta metodoloxía de ensinanza musical que compaxina a aprendizaxe a través do xogo e a experimentación, coa adquisición dun novo idioma, o inglés, permite aos máis pequenos desenvolver, ao seu ritmo, unha memoria máis áxil, unha filosofía de traballo en equipo nada competitivo e sempre co respeto a compañeiros e profesores como emblema.

¿Cal é a clave dos Music Mind Games?

  • uns materiais atractivos e variados
  • a repetición dos exercizos
  • o sentido do humor, que garantiza que os alumnos se relaxen e aprendan máis rápido
  • a satisfacción dos nenos ao percibir o seu propio progreso
  • e, en definitiva, a felicidade

 

musicgames_enclave

Esta técnica desenvolvida por Michiko Yurko fai fácil a teoría musical, xa que os pequenos adquiren, de maneira dinámica e sofisticada, habilidades como a lectura de notas, o dictado, o ritmo… Pero sempre a través de xogos cooperativos e imaxinativos. Ao tratarse dunha sesión grupal, as preferidas dos máis pequenos, asegurámonos de que a van a disfrutar ao máximo, xa que é unha forma de socializar, de compartir a súa experiencia musical con outras persoas coas súas mesmas inquedanzas.

A filosofía de Music Mind Games camina parella á do Método Suzuki, pois en ambos casos apóstase pola aprendizaxe musical a través da diversión e a actitude positiva e motivadora dos profesores, para que o alumno case non se dea conta de que está aprendendo.

Ademais, son dúas filosofías afíns que se complementan perfectamente, posto que os nenos poden comezar a tocar o violín ou a viola con so tres aniños grazas ao método Suzuki, e introducir a parte máis teórica que lle aporta Music Mind Games unha vez manexen as posturas básicas destes instrumentos.

Cada semana, En Clave ofrece unha nova sesión de Music Mind Games, sendo o único centro de Galicia que imparte esta especialidade recoñecida polo achegamento lúdico da linguaxe musical aos nenos

¡¡Graciñas Paula por compartir tanto con nós!!

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.