MOTI 2013 en Ourense

A Mostra de Teatro Infantil de Ourense celebra este mes a súa décima edición cun cartel de luxo para o público infantile  familiar.

Moti á vista de Trécola Teatro

Con parches, sables e garfios unha carabela de piratas chega polo Miño. Cruzando o Atlántico o mapa guiounos cara Ourense. Veñen buscando o tesouro máis preciado.

  • Dirixido a: público infantil
  • Duración: 45 minutos
  • 25 de decembro | 19.30 horas | Rúa do Paseo

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

A Chungatrona de Peter Punk

Peter Punk preséntase no seu novo e gran pequeno vehículo. Participando activamente co público, pedaleando como un tolo, comendo globos e xogando coma un neno que se nega a crecer, Peter Punk presenta un final sorprendente no que coñeceremos o seu último xoguete: a Chungatrona!

  • Dirixido a: todos os públicos
  • Duración: 60 minutos
  • 26 de decembro | 17 horas | Teatro Principal
  • Prezo: 4€

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

A Bela Auria Pequeniña

Unha festa na que podes vir vestido ao estilo da época dos anos 20 para gozar dun menú cultural e artístico moi especial. Coñeceremos como era un cinema clásico, tamén os magos e os contacontos tiñan un papel moi relevante… As festas eran un lugar de encontro e lecer para os pequenos e maiores. Abonda cun sorriso e gañas de mover a cadeira para pasar un día fantástico.

  • Dirixido a: nenos maiores de 3 anos
  • Duración: 2 horas
  • 26 de decembro | 18 horas | Liceo Ourensán
  • Prezo: 5€

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Historia dunha semente de Caramuxo Teatro

Dúas persoas buscan algo pero non saben o que están buscando ata que o atopan. Unha semente. Como é posible que algo tan pequeno se converta nunha grande árbore? Historia dunha semente é a historia dunha árbore… unha fábula que reflexiona sobre a natureza e os cambios que se producen nela.

  • Dirixido a: nenos maiores de 3 anos
  • Duración: 45 minutos
  • 27 de decembro | 17 horas | Teatro Principal
  • Prezo: 4€

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Afuera es un lugar de Arena en los bolsillos

Todo o que coñecía do mundo eran aquelas catro paredes e unha pequena fiestra… como é o vento?, a que soa o silencio? e un can? Mamá, que é fóra? Fóra, fillo, fóra é un lugar. A pequena fiestra resultou ser unha gran porta ao mundo…

  • Dirixido a: nenos de 1 a 4 anos
  • Duración: 45 minutos
  • 27 de decembro | 17 e 18.15 horas | Campus – Edificio de Ferro
  • Prezo: 4€

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Os soños de Xulia de Geppetto

Xulia é unha rapaza que cada pouco acode á biblioteca á procura de libros que a transportan a outros lugares e que a axudan a vivir aventuras…

  • Dirixido a: nenos maiores de 6 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 27 de decembro | 17 e 19.30 horas | Auditorio Municipal
  • Prezo: 3€

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Doutras, Aula de Danza do Campus de Ourense

Amplificar a atención cara a un lugar determinado é unha posiblidade que nos brinda a luz.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • Duración: 50 minutos
  • 27 de decembro | 19.10 horas | Auditorio Municipal

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Otro Gran Teatro del Mundo de Uroc Teatro

Hoxe é o aniversaro do Mundo e o seu amigo Calderón de la Barca organiza unha festa sorpresa cun agasallo moi especial: a representación de El gran teatro del mundo…

  • Dirixido a: nenos maiores de 6 anos
  • Duración: 60 minutos
  • 28 de decembro | 17 horas | Teatro Principal
  • Prezo: 4€

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

La Vuelta al Mundo con Teatro Gorakada

Gorakada propónnos dar a volta ao mundo en 60 minutos con música en directo, actores, marionetas, escenografía e con moito humor, imaxinación e cancións en directo trasladando a escena o fascinante percorrido arredor do mundo.

  • Dirixido a: nenos maiores de 6 anos
  • Duración: 60 minutos
  • 28 de decembro | 19.30 horas | Auditorio Municipal
  • Prezo: 5€

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

O Señor das Dunas

Baseado na literatura oral galega, este contacontos compleméntase coa ilustración en directo do relato feita con area.

  • Dirixido a: nenos maiores de 6 anos
  • Duración: 55 minutos
  • 29 de decembro | 12 horas | Auditorio Municipal
  • Prezo: 3€

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Xango de Talía Teatro

Esta é a historia dun home que foi engulido pola súa propia tablet, do que alí dentro atopou, das aventuras que viviu e dos perigos que tivo que afrontar…

  • Dirixido a: nenos maiores de 6 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 29 de decembro | 18.15 horas | Campus – Edificio de Ferrol
  • Prezo: 3€

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Katembe Project de Kandengue Arts

Katembe Project propóñennos unha viaxe cultural, unha visión doutras culturas como é a africana a través da danza, a música e a transmisión oral. Todo un estímulo de sensacións onde os participantes se verán inmersos sen darse conta nun contexto descoñecido, observando as riquezas culturais e tamén todo o que nos une con territorios para nós tan lonxanos como pode ser o país de Angola.

  • Dirixido a: nenos maiores de 3 anos
  • Duración: 45 minutos
  • 29 de decembro | 19.30 horas | Auditorio Municipal
  • Prezo: 4€

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Alegría de Teatro de Malta

É un espectáculo de clown porque o paiaso é tal vez a mellor voz para os poemas da gran poeta madrileña. O clown busca a risa constantemente, como Gloria Fuertes. O clown vive nun mundo que non comprende, como Gloria Fuertes. O clown sobreponse a calquera fracaso, como Gloria Fuertes. O clown é capaz de tornar en alegría allea a propia tristeza, o clown é tan xeneroso como a poesía de Gloria.

  • Dirixido a: nenos maiores de 4 anos
  • Duración: 60 minutos
  • 30 de decembro | 17 horas | Teatro Principal
  • Prezo: 4€

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Ulo Swing? de A Run Run Teatro

As vidas das dúas protagonistas crúzanse e comprenden que xuntas teñen máis forza e que só así voltará a música e as artes ás súas vidas.

  • Dirixido a: nenos maiores de 4 anos
  • Duración: 45 minutos
  • 30 de decembro | 18.15 horas | Campus – Edificio de Ferro
  • Prezo: 3€

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

La Isla Desconocida de Markeliñe

Ao espertar, Ela personouse ante a Raíña, e pediulle un Barco, para navegar ata La isla Desconocida. El, vasalo da Raíña, asombrouse da osadía de Ela, e ao ver que a Raíña non podía negar  petición, decidiu seguila na súa nova aventura. Markeliñe propón unha aventura dentro do teatro xestual, e visual, no que se reivindica  esa mirada ao horizonte.  Buscar a nosa illa descoñecida é defender o noso dereito a desenvolver as nosas potencialidades e a nosa responsabilidade co noso destino.

  • Dirixido a: nenos de 5 a 12 anos
  • Duración: 55 minutos
  • 30 de decembro | 19.30 horas | Auditorio Municipal
  • Prezo: 4€

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

 

Podedes consultar o programa completo na web de MOTI: AQUÍ.

 

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorFutbolín
Artículo siguienteMOTI 2013 en Ourense

Escribe un comentario