MIT Ribadavia 2016

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia celebra a súa 32ª edición con numerosos espectáculos nun programa que busca fomentar o gusto polas artes escénicas, así como pola súa diversidade. O programa completo inclúe espectáculos para público adulto, e tamén outros pensados para os máis pequenos. Aquí recollo os espectáculos para esta fin de semana que xa conclúe esta cita teatral do verán ourensán:

LLUVIA DE PALABRAS de Visitants | 22 de xullo | 20 horas | Ruadavia – Itinerante

Lluvia de palabras achégase aos poemas de Manuel María coa perspectiva dunha compañía valenciá e ao tema da violencia de xénero, un dos eixos temáticos desta MIT 2016. Cunha estética impactante e sedutora, entre seis e oito personaxes, desprázanse cuns paraugas dos que penduran textos que son ofrecidos ao espectador e interpretados polo actor ou actriz. Pensado para todos os públicos.

 

DON QUIXOTE, UNHA COMEDIA GASTRONÓMICA de Limiar Teatro | 23 de xullo  | 12 horas – San Cristovo  | 20 horas – Francelos

Don Quixote é unha comedia gastronómica que mestura narración oral, manipulación de obxectos e cociña en directo para dar lugar a esta exitosa versión gastronómica da obra de Cervantes. Pensado para público familiar

 

 

FITNESS de Ibuprofeno Teatro | 24 de xullo | 13 horas e 20 horas | Ruadavia – Itinerante

FITNESS é un espectáculo itinerante no que a pallasa Marián Bañobre percorre en bicicleta os espazos públicos facendo deporte en todas as súas variedades, interaccionando e captando a atención dos transeúntes, que se verán trasladados a situacións fóra da dinámica cotiá.

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.