MiniCans no Festival de Cans

Non hai nada máis divertido que disfrutar dun festival en familia e a fin de semana tedes a oportunidade de divertirvos no Festival de Cans. A aldea de Cans, na parroquia do concello do Porriño, transfórmase un ano máis, para celebrar do 18 ao 21 de maio o seu famoso festival. Un festival de curtametraxes de produción galega e música único e divertido. Mini Cans é a programación pensada para os máis pequenos, podedes consultar o programa completo na web www.festivaldecans.com.

21 de maio

  • Todo o día | Parque do Río | PARQUE, XOGOS E XANTAR. Parque infantil, cunha área de xogos tradicionais e unha zona de almorzar con menús infantís a prezos económicos.

festivaldecans1

 

  • 11 horas | Baixo de Carlos | PROXECCIÓN DE MAIMIÑO  *Entrada libre ata completar aforo
  • 13.30 horas | Baixo de Carlos | ALECRÍN MONICREQUES. Flor Maceira e Marco Pombo poñen en escena tres historias de amizade, con personaxes que, dunha ou outra maneira, buscan a felicidade: A viaxe de Pancho de Antonio Santos, As tres formigas de Enric Larruela Vidal e Soño de cans da propia compañía.  *Entrada: 3€
  • 16.30 horas | Parque do Río | CAIXA DE MISTOS. Selección de curtometraxes de animación pensados para os máis pequenos nun espazo singular. Unha vella caravana dos anos setenta, na que so poderán entrar en pequenos grupos para descubrir un lugar diferente para ver cine, e que para moitos nenos suporá a súa primeira experiencia cinematográfica.
  • 17 horas | Parque do Río | TALLER DE FILMS PARA NENOS CON XOAN MARIÑO (MR MISTO FILMS). Cans pon en marcha un sinxelo taller de cine coa intención de despertar entre os máis pequenos a pasión polo audiovisual. Trátase de que podan ter unhas nocións básicas para gravar con cámaras moi sinxelas, desde vídeo ata cámaras de móbil, pequenas secuencias nas que eles mesmos sexan os protagonistas. Durante a tarde do sábado terán ocasión de gravar pequenos films que serán despois montados e editados pola prodtora Mr Mist. Ao final da tarde serán proxectados como un gran acontecemento no espazo da Caixa de Mistos, onde poderán ver os seus resultados.
  • 17.30 horas | Cuberto do Pato | TRÍO ACIVRO. O Trío Acivro son Luis Soto, flautista da Real Filharmonía de Galicia, e os seus dous fillos, Lucas (violín) e Cecilia (violoncello), de 11 e 6 anos. Unha actuación didáctica e informal, con música clásica, de bandas sonoras e sobre unha pedra que intriga a Cans: o Penedo de Beethoven coñecido como O Pianista. Os pequeños van a disfrutar!!! | *Entrada: 3€

 

festivaldecans2

Aldea de CANS en O Porriño Cómo llegar   ***En este mapa podéis ver todos los espacios del festival: AQUÍ

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.