Mimadriña

Hoxe queremos falarvos dun bonito proxecto. Mimadriña é Palmira Castro e todo o que aprendeu e desaprendeu polo camiño. Así se define ela mesma e a través da súa web podemos coñecer o seu arte: arte en papel.

 

mimadriña_palmira castro

[blockquote indent=»yes» ]Un día mirei pola fiestra e pensei que bonito sería encher o mar de barquiños de papel de cores. mimadriña é un blog en acción, un estado de ilusión, por momentos unha tenda de cousas xeitosas en papel dende sardiñeiro, pero sobre todo, mimadriña é unha proposta creativa de acción social e cultural[/blockquote]

 

Deseña e leva a cabo proxectos educativos, ten un manifesto propio e crea coas súas mans postais, cadros, diademas e guirnaldas decorativas que podemos mercar na súa tenda online.

As cores das súas creacións e as historias que nos conta no seu blog déixannos ver a filosofía e a forma de ver a vida desta artista. Non me puiden resistir a reproducir un pedazo do seu manifesto:

 

mimadriña

 

[blockquote indent=»yes» ]se o que ollas a través da túa ventá é gris, ponlle cores. se o que tes entre mans non funciona, tenta arranxalo. non perdas o tempo queixándote ou falando. síntete libre para facer o que che pase pola cabeza. sé independente das opinións e consellos que che dean, sexan bos ou malos. alimenta a túa curiosidade: coñece, aprende, curiosea, pregunta, socializa.[/blockquote]

 
 
[divider style=»dotted» height=»40px» ]

Quere, como tamén buscamos dende lamariola, poñerlle cor á vida, así que queremos que encha de cores e creatividade o noso blog… Estade atent@s porque pronto teremos nova colaboradora!!!

 
 

[blockquote indent=»yes» ]Moita xente miúda, facendo cousas miúdas, en lugares miúdos, poden cambiar o mundo, Eduardo Galeano[/blockquote]

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

 

A súa web: mimadrinha.com

A súa tenda: mimadrinha.bigcartel.com

 
 
 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.