Mes do teatro en Teo

En Teo comeza esta fin de semana o VI Mes do teatro con espectáculos infantís no Centro Sociocultural da Ramallosa. A entrada é de balde.

Refugallo de Berrobambán

As compañías Berrobambán e Bichakadela coproducen este espectáculo a partir do texto de Paula Carballeira. Catro amigos que viven no refugallo: Isolda co seu libro de viaxes, Hipatia cun telescopio, Borobonte e a súa tartaruga, e Lustucrú cunha pata de pau. Xuntos xogan a construír un novo mundo a partir de todo o vello e roto que os rodea porque, como nenos que son, saben ver as cousas doutra maneira fronte a unha sociedade na que se impón o frenético consumo de usar e tirar.

Dirixida a: nenos maiores de 6 anos

Duración: 60 minutos

12 de outubro | 18.30 horas

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Merlín de Os Quinquilláns

Merlín da compañía Os Quinquilláns achegarános á fantástica literatura artúrica que encheu a imaxinación das xentes desde hai mil anos con personaxes tan coñecidos como Lanzarote, Galván, a raíña Xenebra, e por suposto Merlín, Morgana e o Rei Artur… En Merlín combínase a interpretación con cancións, batallas, pequenas maxias…

Dirixido a: nenos de 5 a 15 anos

Duración: 55 minutos

18 de outubro | 18.30 horas

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Bailando cos contos con Baobab Teatro 

Baobab presenta unha sesión de contos dinámica, divertida e moi participativa onde o bo humor está moi presente desde o principio ata o final. Neste espectáculo hai que estar moi atentos porque entre conto e conto calquera do público pode participar.

Dirixido a: nenos a partir de 3 anos

Duración: 45 minutos

26 de outubro | 18.30 horas

*Dentro do mes do teatro tamén se programaron actuacións nos colexios. Os Quinquillláns Teatro levarán os seus Contos de Morgana e Artur o mércores 16 ao CEIP dos Tilos, o xoves 17 á Ramallosa e o venres 18 a Calo.

Centro Sociocultural da Ramallosa en Teo Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.