Merendando contos en Pontevedra

A actividade Merendando contos estará esta semana en distintas librerías de Pontevedra. Ademais poderedes disfrutar da exposición de ilustracións da autora portuguesa Mafalda Minhôes para o álbum ilustrado Maruxa de OQO Editora na Biblioteca Pública. Dúas das propostas que servirán de anticipo ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que se inaugurará o vindeiro día 27 de febreiro.

  • 19 de febreiro | 18 horas | Contos para Lúa con Andrea Bayer | Librería Paz
  • 20 de febreiro | 18 horas | Contos da montaña (rusa) con Paul do Canizo | Librería Seijas
  • 23 de febreiro | 18 horas | Contos da montaña (rusa) con Paul do Canizo | Librería D-lectum
  • 24 de febreiro | 18 horas | Dalle voltas, Da Vinci! con Tropa de Trapo | Librería Cronopios
  • 25 de febreiro | 18 horas | Lila e as cores con Tropa de Trapo | Librería Aviones de Papel
  • 26 de febreiro | 18 horas | Entre planetas con Raquel Queizás | Librería Nobel
  • Entrada libre ata completar cabida

Escribe un comentario