Mercado de la Cosecha en Vigo

Mercado de la Cosecha abriu as súas portas en Vigo co obxectivo de apoiar o desenvolvemento e a sostenibilidade do medio rural. Trátase dun pop-up store, situado na rúa Policarpo Sanz, que permanecerá aberto únicamente ata finais de xullo. O establecemento estará ao servizo da divulgación e promoción de iniciativas exemplares do rural, trasladando aos cidadáns a súa filosofía e sabor.

Todas as iniciativas forman parte da comunidade do Mercado da Cosecha, unha plataforma que agrupa proxectos exemplares desenvolvidos no rural galego. Cada semana serán dúas as iniciativas protagonistas que porán en marcha actividades de divulgación e durante as últimas 3 semanas o espazo contará coa presenza de todas elas.

Do 15 de maio ao 14 de xuño pasarán polo Mercado: Pazo de Vilane – Casa Grande de Xanceda – Ibérica de Esponjas – Ecocelta – Cortes de Muar – Galletas Daveiga – Idoia Cuesta – Elena Ferro – Maeloc

Do 15 de xuño ao 12 de xullo estarán: Granxa Maruxa – Abella Lupa – Arqueixal – Amorodo – Ponte da Boga – Olei – Bico de Xeado – Castañas Naiciña – Maeloc

 

  • Dende o 15 de maio ata o 31 de xullo | de luns a sábado en horario de 11 a 15 horas e de 17 a 21 horas
  • ACTIVIDADES INFANTÍS:
    • 5 de xuño | 18 horas | Taller: Coas galletas mariñeiras tamén se xoga. Preparación de elaboracións creativas con galletas mariñeiras    *para nenos maiores de 4 anos
    • 6 de xuño | 19 horas | Elaboración de minipizzas mariñeiras *para nenos maiores de 4 anos

 

As actividades son gratuitas, pero necesitan inscrición previa no teléfono 886 143 774 ou a través do mail info@mercadodelacosecha.com.

Mercado de la Cosecha en Vigo Como chegar

 

Escribe un comentario