Mañanas divertidas en Cascanueces

Achégase o Nadal e na Librería Cascanueces da Coruña xa puxeron en marcha actividades para os máis pequenos. Todos os sábados os nenos poderán participar nas Mañás Divertidas, un programa de actividades para crear adornos de Nadal, tarxetas, agasallos, talleres de cociña… As Mañás Divertidas están dirixidas por Inés Ares e pola ilustradora Irene Sanjuan.

Dirixido a: nenos a partir de 3 anos

Duración: 2 horas

Sábados de 11.30 a 13.30 horas

Prezo: 30€/mes e 10€ sábados soltos.

Para máis información podedes chamar ao teléfono 881 887 939.

Librería Cascanueces na Coruña Como chegar

Escribe un comentario