Mamá Cabra de concerto

O grupo de música infantil Mamá Cabra mestura poesía, pezas do folclore galego e temas propios para crear un espectáculo didáctico, lúdico e participativo. Crea cancións para escoitar, saltar, bailar, reflexionar… No seu traballo Bicos de Música, publicado pola Editorial Galaxia, contén cancións para bailar, para viaxar, para cruzar a rúa, para escoitar poesía… apoiándose nun guión cómico no que cada un dos músicos pasa a desenvolver un diferente rol, conseguen que as presentacións e as interpretacións sexan moito máis divertidas.

Quixemos preguntarlle a Gloria Mosquera, integrante do grupo, por qué temos que ir a ver este espectáculo e qué nos atoparemos?

[blockquote indent=”yes” ]Atoparedes, como no resto dos espectáculos de Mamá Cabra, música en directo con propostas divertidas para vivila con ritmo á vez que aprendemos cousas tan importantes como que hai que “comer de todo”, que “hai que probar” antes de dicir que non me gusta, porque a froita É FUNDAMENTAL[/blockquote]

[blockquote indent=”yes” ]Porque con música toda a familia pode compartir un momento especial ao disfrutar xuntos dunha proposta que non só é para nenos e nenas, xa que os papás e as mamás, os avós e as avoas,  tamén interveñen cos seus cantos e bailes[/blockquote]

[blockquote indent=”yes” ]A música é unha linguaxe universal. Os seus códigos axudan a desenvolver a linguaxe, o pensamento matemático, o coñecemento do entorno, a sensibilidade, a creatividade, a expresión… non coñezo nada que non se poida facer con música… unha mágoa que a nova lei de educación a maltrate así…[/blockquote]

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

CONCERTOS

  • 5 de setembro | 20.30 horas |  Centro Cívico Cultural de Arteixo | entrada: 3€ – 2,25€ nenos, estudantes e maiores de 65 anos

 

Dirixido a: todos os públicos

Podedes seguir os concertos na web Merlo Branco Producións.

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.