Mamá Cabra de concerto

Un día dende Mamá Cabra quixeron escribir unhas cartas a uns personaxes moi singulares e pensaron: “mellor que cartas de papel, ou electrónicas, ímolas facer musicais. Aforramos papel e gasto de luz. E ademais, servirán para que os nenos e as nenas tamén as canten e as bailen con nós”.
Casimiro, o elefante, foi o primeiro en contestar. Colleu o lapis coa trompa e mandounos unhas letras africanas; o oso polar aínda tardou un chisco, pois dixo que se lle conxelara a tinta do boli; Papá Noel quedou en que a traía polo Nadal; o lobiño non a mandou, pois, como é tan pequeno, non sabe escribir (sabémolo porque así o dixo a mamá loba, que si que nos escribiu); o polo Pepe, rarísimo, non dixo nin pío; a vaca Sofía tampouco escribiu, pero mandou un delicioso queixo; a ratiña escusouse dicindo que na cova non tiña luz; e o gatiño, meloso, mandou unha carta chea de miañadas arreboladas.

O espectáculo Cartas que veñen e ván estará este venres en Boiro.

  • 12 de decembro | 20 horas
  • Casa da Cultura de Boiro  Como chegar
  • Entrada: 1€ en taquilla

 

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Dirixido a: todos os públicos

Podedes seguir os concertos na web Merlo Branco Producións.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.