Lobocoxo en Bueu

O Espazo Lobocoxo de Bueu entréase este sábado 1 de novembro. Trátase dun novo proxecto enfocado ao público infantil e familiar, que semanalmente ofrecerá actividades de animación á lectura para pre-lectores e primeiros lectores, ademais de ter á venda literatura infantil e xuvenil, prendas de roupa cun deseño propio, xoguetes de elaboración artesanal e ilustracións orixinais.

 

  • Contos de Medo | 1 de novembro | 20 horas
  • Contos de Lobos. Grandes e pequenos | 8 de novembro | 12 horas
  • Hoxe contamos con OLI | 15 de novembro | 12 horas
  • Contos de Lobos Feroces | 22 de novembro | 12 horas
  • … e non tan feroces | 29 de novembro | 12 horas

 

CONTACONTOS PARA BEBÉS | Todos os venres ás 17 horas

LoboCoxo prestará unha atención especial aos nenos e nenas de 0 a 3 anos, de xeito que todos os venres ás 17 horas haberá sesións de contacontos. Utilizaranse materiais creados expresamente para este público e as súas familias: libros de tea, de madeira e de cartón, con protagonismo para os contos e as cancións de tradición oral.

As nais e pais poderánse asesorar sobre estratexias para introducir os libros e a lectura dende a primeira infancia, e sobre a importancia da implicación dos adultos para a formación intelectual e afectiva dos nenos e nenas dende o fogar.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.