Recomendámosvos un plan divertido e solidario que coñecimos grazas a MatisbasCorner. Ela presentounos a Samuel, un neno de 10 anos que padece a Síndrome de Duchenne e explicounos os recortes que están a afectar á súa familia. A iniciativa Libros Solidarios, de recollida e venda de libros de segunda man, permitiu que Samuel teña unha grúa para facer máis doada a súa vida cotiá e o seu ciudado por parte da súa familia. Lemos en MatisbasCorner que grazas á solidariedade dos participantes neste proxecto Samuel pronto terá un arnés infantil.
A iniciativa de MatisbasCorner continúa no Hotel Hesperia A Coruña (Juan Flórez, 16) o 22 de decembro de 12 a 20 horas.
Ademais da venda de libros haberá talleres de manualidades, maquillaxe e globoflexia para os máis pequenos, contacontos ás 13 e ás 17 horas e música en directo.
Dirixido a: todos los públicos
22de decembro | de 12 a 20 horas
Entrada de balde
Hotel Hesperia A Coruña Cómo llegar
[blockquote indent=”yes” ]La próxima cita será en la Feira de Brión el día 28 de diciembre, de 11 a 14 horas.[/blockquote]