Librerías infantís en Galicia

Para celebrar o Día do Libro e achegarvos un pouquiño máis á lectura e a toda a súa maxia hoxe falámosvos dalgunhas das librerías infantís galegas que máis nos gustan. A maioría son espazos cheos de creatividade onde periodicamente realizan actividades e sesións de contacontos para os máis pequenos. Son un lugar de visita obrigada cos nenos para que descobran dende idades temperás a lectura e os libros.

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

Librería Cascanueces na Coruña | Como chegar

Xa vos falamos en máis ocasións da librería Cascanueces na Coruña. Unha bonita e acolledora librería onde ademais de atopar literatura infantil e xuvenil, os seus donos, Luisa e Pablo, crearon un espazo multidisciplinar con gran variedade de actividades e talleres de escritura, ilustración, manualidades, contacontos, teatro…

libreriacascanueces

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

A lus do candil en Arteixo | Como chegar

A librería A lus do candil é un bonito espazo ubicado en Arteixo, onde semanalmente programan actividades tanto para pequenos como para maiores. Na súa web e tamén a través de Facebook infórmannos das novidades e ademáis podemos ver as súas recomendacións. Non a visitamos aínda, pero sí nos falaron marabillas sobre A lus do candil.

alusdocandil

 

Librería Cronopios en Santiago (como chegar) e en Pontevedra (como chegar)

Librería Cronopios en Santiago e Pontevedra tamén é un espazo activo onde programan actividades para nenos e para adultos. Na súa web póñennos ao día das novidades e das recomendacións.

libreriacronopios

 [divider style=»dotted» height=»40px» ]

Libros para soñar en Vigo | Como chegar

Libros para soñar e tamén un espazo para soñar… Porque esta librería de Vigo está pensada para os máis pequenos e invita a soñar e a imaxinar en cada un dos seus recunchos. É unha librería especializada en literatura infantil e xuvenil onde traballan para o fomento da lectura con sesións de contacontos, cursos de formación, encontros con autores e ilustradores e mostras de ilustracións.

librosparasoñar

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

Casa K en Bueu | Como chegar

Aínda que é un lugar no que tampouco estivemos, o certo é que Olalla transmitiunos a maxia que se respira en Casa K cada semana. Organizan periodicamente sesións de contacontos creativas onde os nenos poden deixar voar a súa imaxinación nos diferentes obradoiros que propoñen. Ademáis de libros infantís encontraredes as camisetas e os pixamas ideais para vestir de conto.

casak

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

A Pita Cega en Vigo (como chegar) e en Vilagarcía (como chegar)

A Pita Cega é unha xoguetería e librería situada en Vigo e Vilagarcía onde ademáis de xoguetes e libros, propóñennos unha chea de actividades para os nenos. Son dous espazos pensados para os máis pequenos e dispoñen dunha tenda online onde tamén podedes mercar tanto libros coma xogos.

apitacega

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

El Pozo de los Tres Deseos en Cangas | Como chegar

El Pozo de los Tres Deseos é unha librería especializada en álbumes ilustrados, contos, xoguetes educativos, creativos e didácticos, talleres de arte, talleres de bebés, contacontos… un espazo de ocio e de encontro entre a literatura e os nenos.

elpozodelostresdeseos
[divider style=»dotted» height=»40px» ]

El Faro de los Tres Mundos en Lugo | Como chegar

El Faro de los Tres Mundos en Lugo é unha librería chea de encanto. Visitámola na rúa Curros Enríquez, pero desde o ano pasado están tamén en San Marcos. É unha librería diferente porque ademáis ten detrás un proxecto educativo para o desenvolvemento da intelixencia cultural dos nenos e onde está representadas todas as culturas… Teñen diferentes talleres e contacontos e ademáis dispoñen de tenda online.

elfarodelostresmundos

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

Librería Biblos en Lugo | Como chegar

En Lugo tamén coñecimos a Librería Biblos, un espazo onde perdernos entre libros e onde organizan actividades para fomentar a cultura e a lectura.

bibloslugo

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

Librería Bahía en Foz | Como chegar

A Librería Bahía en Foz é tamén un espazo para gozar da lectura cos máis pequenos. Organizan periódicamente actividades e contacontos para os nenos. Coñecímola grazas á nosa amiga Laura de Patas de Peixe.

libreriabahia

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

Librería Zampacontos en Ourense | Como chegar

A Librería Zampacontos en Ourense tamén celebra contacontos e actividades para a promoción da lectura entre os máis pequenos.

zampacontos

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

[blockquote indent=»yes» ]Esta é unha selección das librerías que nós coñecemos… coñecedes algunha librería bonita máis? [/blockquote]

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.