Khumba

Duración: 83 minutos
Xénero: comedia de animación
Idade: para todos os públicos
Data de estrea: 14 de agosto de 2014

 

Khumba é unha cebra con só a metade do seu corpo de raias á que todos culpan pola falta de chuvias. Debido á gran presión da manada Khumba decide embarcarse nunha audaz misión para conseguir todas as raias que lle faltan. Na súa busca do lendario pozo de auga do que todas as cebras obtiveron as súas prezadas liñas, a cebra coñece unha serie de personaxes moi extravagantes: un ñu sobreprotector, Mamá V e Bradley, unha obsesionada avestruz. Pero antes de que poida reunirse de novo coa súa manada, Khumba terá que enfrontarse cara a cara co malvado Phango, un leopardo sádico que controla todos os pozos de auga da zona e aterroriza a todos os animais no Gran Karoo. Ao longo da viaxe e das novas experiencias, Khumba comeza a aprender que a diversidade é esencial para a supervivencia e que a diferenza fai que un poida ser a forza de toda a manada.

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorKhumba
Artículo siguienteFeira Etnográfica da comarca do Eume

Escribe un comentario